off
Movementos sociais, Politica internacional — 5 Outubro, 2016 at 5:20 p.m.

Israel intercepta a flotilla da muller que zarpou de Barcelona a Gaza

by

O exercito do Estado de Israel abordou o veleiro Zaytouna-Oliva a unhas 35 millas náuticas da costa israelí. No veleiro ian 13 activistas propalestinos que non ofreceron resistencia.


flotilla_5oct_cubibdyw8aa-t3x_ollaparo
@ICBSGaza 15 h

O exército interceptou esta cuarta-feria o veleiro Zaytouna-Oliva que zarpou o mes pasado de Barcelona con destino a Gaza, para rachar o bloqueio ao que está submetido este territorio dende 2007 . As autoridades de Israel informaron que a operación realizouse sen incidencias xa que os activistas na embarcación non opuxeron resistencia, segundo relata o xornal  ‘Haaretz’, e foran enviaddas ao porto de Ashdod.

 O Barco das Mulleres para Gaza é unha iniciativa da Coalición Internacional da Flotilla da Liberdade , que desde Barcelona, tiña programado chegar ao porto de Gaza na cuarta-feira, segundo o seu sitio web.
O secretario xeral da OLP, Saeb Erekat, condenou fortemente a abordaxe, chamando a Israel a liberar inmediatamente os pasaxeiros do barco. “A cuestión palestina pola liberdade e a independencia é unha arela  universal pola xustiza abrazada por millóns de persoas en todo o mundo. A flotilla é unha lembraza humilde mas significativa de que é hora de tornar as declaracións en accións concretas”
Entre os activistas do barco hai varios parlamentarios, un atleta olímpico, un coronel do exército estadounidense retirado e un laureado Premio Nobel da Paz Mairead Maguire de Irlanda do Norte. Outro barco, o Amal 2, foi forzado a voltar a Barcelona debido a unha avaría técnica. Porén, os organizadores manifestaron a sospeita de que o barco fora sabotado. Segundo relatos e imaxes das redes sociais, mulleres e nenos estaban reuninos nas praias de Gaza antes da chegada prevista do barco. No entanto, os palestinos mostran a súa solidariedade coa flotilla de activistas internacionais intentando romper o bloqueo israelí na franxa de Gaza.

En xaneiro, as forzas israelís interceptaran o barco Gaza-Bound Marianne, do que as Forzas de Defensa de Israel afirmaron que era unha pequena operación sen vítimas. O barco foi desviado cara ao porto de Ashdod, chegando alí onte á noite. O barco sueco trasportaba 20 activistas, entre eles o deputado israelí Basel Ghattas (Joint Arab List) e o ex presidente tunisiano Moncef Marzouki. En xuño de 2015 as tropas israelenses interceptaban a Flotilla da Liberdade III, coa eurodeputada do BNG Ana Miranda a bordo. Os colectivos organizadores denunciaron a acción como “pirateria” mentres o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, gaba a “eficiente e afouta” labor das forzas militares para parar os activistas. O barco tamén voi levado ao porto de Ashdod (Israel).  En 2010, as tropas israelís asaltaron o barco turco Mavi Marmara, que tentaba romper o bloqueo á franxa. Nove pasaxeiros morreron durante a operación. Outra persoa morreu nun hospital turco en 2014 despois de estar en coma  case catro anos.

Solidariedade galega coas mulleres da interceptadas pola armada israelí

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off