De confirmarse o continuismo e Núñez Feijoó revalidando a maioría absoluta, a única que agora ten o PP nas autonomías, quen sairía gañando seria Mariano Rajoy que agarda que o PSOE para saber se será presidente, lider da oposición ou candidato a unhas terceiras eleccións. A esquerda agrupada en En Marea disputaríalle o segundo lugar ao PSG-PSOE. Cómpre lembrar que nestas eleccións A Coruña tén un escano máis e Lugo un menos, o que pode ter o seu relevo no escrutinio final.
A participación foi idéntica a de 2012:: un 42,48% (na altura foi dun 42,5%). Acrescentou na Coruña (42%), mentres que baixa en Lugo (42,71%), Ourense (44,47%) e Pontevedra (42,30%). A porcentaxe de voto e número escanos segundo o inquérito da CRTVG a pé de urna:
PPdeG 45,5 (38-41)
En Marea 19,5 (14-16)
PSdeG 18,9 (14-16)
BNG 8,8 (5-6)
C´s 4,4 (0-1)
- Coruña: PPdeG 12-13 PSdeG 5-6 EnMarea 5-6 BNG 2
- Lugo: PPdeG 8-9 PSdeG 2-3 EnMarea 2 BNG 1
- Ourense: PPdeG 8-9 PSdeG 3-4 EnMarea 2 BNG 0-1
- Pontevedra: PPdeG 10 EnMarea 5-6 PSdeG 4 BNG 2 Ciudadanos 0-1p
Euskadi
A sondaxe de EiTB:El PNB mantense, Bildu imponse a Podemos como segunda forza e o PSE-EE perde a metade de escanos










