O apagón afectou ao 33% do alumeado público da vila vella de Cedeira
O goberno de Cedeira quere saír ao paso de certas críticas “esaxeradas e despreciativas no seu ton” sobre o apagón que sufriu o 33% do alumeado público do casco antigo, unha anomalía que xa quedou reducida ao 10% na noite da pasada segunda-feira (luns).
O equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) recorda que o Concello só dispón dun traballador especialista neste campo. Dito empleado estivo de vacacións ata o pasado luns, día 19 de setembro. Previamente, dous electricistas en prácticas -competentes ainda que sen o coñecemento de como funciona o alumeado público e sen a experiencia do titular- trataron de localizar a orixe da avaría, unha tarefa que, ás veces, pode volverse complicada até para un experto, segundo explicou o goberno cedeirense.
Para situacións desta índole “sempre solicitaremos a colaboración da cidadanía á que pedimos desculpas, asumindo as críticas por estas deficiencias e co firme propósito de solventalas e evitalas no futuro”, segundo manifestou o equipo de goberno, que tamén opina que “as críticas van máis dirixidas a desacreditar aos responsables municipais que a axudar a solucionar os problemas dos veciños”.
Nota de imprensa: Pingota Comunicación



















Deben de ter coidado con isto. Considero a explicación suficiente. Agora trátase de ter coidado en que non se repita. E sobre as críticas que non se vaia á descalificación persoal.