off
Política, Politica espanhola — 16 Setembro, 2016 at 7:36 a.m.

Rita Barberá cobrará 2.300 euros máis ao mes cando pase ao grupo mixto do Senado

by

“A alcaldesa de España” sumará os 2.300 aos 4.600 euros que xa recibía, e en total, ingresará case 7000 euros ao mes. A senadora anunciou esta cuarta-feira que deixa a militancia do PP mas non o escano do Senado. Portanto, deberá pasar ao Grupo Mixto. O vindeiro  27 de setembro celebrarase o primeiro plenario da nova lexislatura. Porén, a estratexia de defensa da exalcaldesa de Valencia,dándose de baixa do PP para evitar perxuizos nos intereses eleitorais do partido, non semella ter o resultado esperado.

Albert Rivera instou a Rajoy a reclamar directamente a Barberá que entregue a súa acta de senadora, advertindolle que se quer os seus votos para unha hipotética investidura o PP terá que respeitar o seu pacto con Ciudadanos sobre corrrupción o que contrasta co declarado polo vicesecretario xeral do seu partido José Manuel Villegas que se amostrou satisfeito afirmando “cumpriuse o pacto”

Fontes populares manifestaron a Europa Press que agardarán uns poucos dias a que sexa ela quen comunique o cambio ao Senado. De non facelo o propio Grupo Popular anunciaría a súa baixa.

Para Barberà o cambio de grupo comporta, entre outras prerrogativas, máis ingresos. Todos os grupos do Senado reciben un subsídio mensula polas despesas de funcionamento segundo o número de parlamentarios que teñan, uns cartos a dispor de cada partido que non precisa dar conta á Cámara Alta. Nesta lexistura, por exemplo, o PP recibe uns  3,13 millións anuais, o PSOE 1,37 millóns, e Unidos Podemos, un pouco máis de 1 millón.

O heteroxéno Grupo Mixto terá que reorganizarse coa entrada de Barberà. Para o Grupo Mixto o subsídio é de  39.400 euros mensal. O estar formado por 16 senadors de 10 partidos, os cartos partíllanse entre todos de forma proporcional  e ingréase na conta de cada senador. Con  Rita Barberá serán 17 senadores, 2.300 euros ao mes cada un.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off