Un relatório da Unicef calcula en 48 millóns de nenos e nenas que viven lonxe do seu lugar de orixe por culpa da miseria ou da guerra.

Segundo o relatorio “Desarraigados: unha crise crescente de crianzas migrantes e refuxiadas” as crianzas representan unha percentaxe desproporcionada e aumentando de todas as persoas que procuraran refuxio fora dos seus locais de nacimento: apesar de representaren un terzo da pobación do mundo, constituen cerca da metade de todos os refuxiados.
Dos 28 millóns de crianzas que foxen de casa pola violencia, 10 millóns son refuxiados, 1 millón son requerentes de asilo e 17 millóns estan deslocadas dentro de seus próprios países.
Mais e mais crianzas están atravesando s fronteiras sen compañía familiar. En 2015, mais de 100.000 menores non acompañados pediran asilo en 78 países, tres veces en 2014.
No estado español, hai un refuxiado para cada 7.739 persoas.
En todo o mundo, perto de 20 millons de crianzas migrantes deixaran suas casas por várias razóns, incluindo a extrema pobreza ou violencia nas ruas.En relación á sua poboación, o Líbano é o país que abriga o maior número de refugiados: 1 en cada 5 persoas que viven no país són refuxiados. Unha cuestión-chave é que as crianzas que tiveran que fuxir de suas casas pola forza teñen acesso limitado a servizos como a educación, sendo un dos principais fatores por que moitas crianzas e famílias son forzadas a migrar. Unha crianza refuxiada ten cinco veces mais probabilidade de non frecuentar a escola que a crianza que non é refuxiada. Fora da aula, os obstáculos legais impiden as crianzas refuxiadas e migrantes receber servizos iguais a crianzas que son nativos dun país. No pior dos casos, a xenofobia pode tornar-se en ataque. Só na Alemaña, as autoridades rexistraran 850 ataques contra albergues de refugiados en 2015.
No estado español moran 599.000 nenos e nenas migrantes(incluindo os refuxiados e requerentes de asilo).
De acordo cos dados do Eurostat de 2015, crianzas cuxos pais son imigrantes, son 50% mais propensos a viver na pobreza do que 23,8% das crianzas cuxos pais nasceran no estado español.
O relatório mostra que as crianzas migrantes e refuxiados na Europa atopan barreiras, mesmo xurídicas, para desfrutar de seus direitos. Hai crianzas que estan detidas ou teñen un acesso muito limitado aos servizos básicos. Moitas son vítimas de discriminación e xenofobia e sofren exclusión. Alén diso, moitas veces os fillos dos migrantes na Europa, que viven en famílias que enfrentam grandes desafios: desemprego de longa duración, amoreamento, ansiedade e estrese.
O relatório identifica seis accións específicas para protexer e axudar as crianzas deslocadas, refuxiadas e migrantes:
- Protexer os refugiados e crianzas migrantes , especialmente as non acompañadas, da explotación e violencia.
- Acabar coa detención de migrantes, ou aqueles que esperan obter o estatuto de refuxiado através da adopción de medidas alternativas.
- Manter as famílias unidas como a mellor forma de protexer as crianzas e garantir-lles status legal.
- Garantir o acesso á educación a todas as crianzas refuxiadas e migrantes e dar-lles acesso a servizos de saúde e outros servizos de cualidade.
- Insistindo sobre a necesidade de abordar os movimentos subxacentes grande escala de refuxiados e migrantes
- Promover medidas para combater a xenofobia, discriminación e marxinalización, ben como a integración social adecuada.










