off
Cedeira, Meio ambiente — 26 Agosto, 2016 at 7:41 a.m.

A auga de Arelonga recupera a cualificación de excelente

by

Arealonga, a praia portuaria de Cedeira, recuperou a cualificación de excelente para as súas augas segundo os resultados das últimas análises feitas pola Consellería de Sanidade o pasado día 23.

Desde o 21 de agosto estaba prohibido o baño por un episodio de contaminación por algunha vertedura incontrolada, segundo fontes consultadas do Concello, que se tería producido cando houbo máis aglomeración de xente na vila, con motivo das festas. Unha vez que a situación volta á normalidade, o Concello procedeu á retirada dos carteis que se colocaron cando se prohibiu o baño.

Arealonga.Fonte: turismo.gal
Arealonga.Fonte: turismo.gal

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off