Nas primeiras eleccións ás que se presentou Feijoó como candidato negouse a debater na TVG con PSdeG e BNG por ser un “teatrillo amañado”
A TVG e a RG oferecerán un debate a 5 para o 12S, 13 días antes da votación e en prime time, tal e como demandou onte o BNG. A Feijóo, Leiceaga, Pontón, Villares e Losada, sumarase Cs e En Marea. Ciudadanos non está representado no Parlamento do Hórreo, nen no Congreso en ningunha das circunscricións galegas e En Marea, parcialmente, composta entre outras, por Anova e Esquerda Unida, as forzas que criaron AGE.
Feijóo afirma estar “disposto a debater con todas as forzas políticas” tras a proposta da CRTVG para reunir os líderes de PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos, que xa aceptaron a oferta. En 2009 e 2012 o PP negouse a debater cos líderes socialista e nacionalista. Porén, o BNG e PSG defenderon tamén que as e os candidatos protagonicen non só un, senón un debate “a dous” entre os seus candidatos e Feijóo.
