off
Cedeira, Xente — 10 Agosto, 2016 at 7:24 p.m.

Manuel Igrexas e Daniel Rei, pregoeiros da Festa da Patrona de Cedeira

by
“A xente que vai gañar ao mar ten máis mérito que nós”. Con esta humilde fasquía Manuel García Iglesias, tripulante do Hemiler 401, recibía a nova de que ía ser o pregoeiro das festas patronais 2016 de Cedeira.

Fotografía: Willy
Fotografía: Willy

García Iglesias compartirá balcón xunto a Daniel Rei, rescatador coma el,  ainda que do helicóptero “Pesca” da Xunta, con base en Viveiro.Os dous son cedeireses de nacemento, levan anos no oficio e tomaron parte nas tarefas de salvamento nas que foron rescatados con vida os 11 tripulantes do pequeiro Nova Jundiña a 40 millas do Ortegal nunha noite de temporal do pasado xaneiro. As imaxes de Manuel García subindo a un dos mariñeiros ao helicóptero deron a volta ao mundo, un recoñecemento público ante o que o pregoeiro sinala que “é un traballo como pode ser outro”.

“A xente que vai gañar ao mar ten máis mérito ca nós”

Porén, lembrou a dificultade daquela operación, nunha situación que calificou de “crítica”. A valentía da xente da mar é para Manuel García Iglesias a que merece todo o recoñecemento, un agradecemento que o día 12 lles fará chegar a través das palabras que pronunciará dende o balcón do Concello. O tripulante do Helimer 401 síntese especialmente orgulloso de que o Concello “recoñeza o traballo e o labor que facemos”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off