off
Cedeira, Política local — 1 Agosto, 2016 at 10:26 a.m.

O servizo de alugueiro de bicis enfócase a reducir o tráfico rodado no centro urbán de Cedeira

by

A orografía urbá de Cedeira é axeitada para andar de bici. Houbo un tempo no que os mariñeiros ian ao peirao  nas súas bicis e os meniños inundaban as rúas montados nelas. En humilde desaparecimento de si, a bicicleta foi cedendo ao inxente abafo do tráfego motorizado, entanto noutras vilas e cidades europeas chegaran á conclusión que compría acabar coa colonización do espazo público pola só presenza do vehículo a motor.

O servizo de alugueiro de bicis vén de entrar en funcionamento. Unha ducia de unidades, distribuídas en tres estacións, xa están ao alcance de veciños e visitantes como alternativa ao uso de coche para pequenos desprazamentos, “un costume moi pouco saudabel”, apuntou o alcalde. O pavillón polideportivo, a praza Marieta e o Palacete son os emprazamentos elixidos para a ubicación das estacións, aínda que só será na primeira delas onde poderán ser retiradas as tarxetas de uso. Así, os posibles usuarios terán todos os días da semana, aínda que en diferentes horarios, para formalizar uns sinxelos trámites nas oficinas do pabellón.

Poderase facer de lunes a venres, de 7.30 a 14.30 e de 19.00 a 22.00 horas; os sábados, de 10.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00, e os domingos, de 11.00 a 13.00 horas. Na páxina web (www.cedeira.gal) tamén hai un enlace que da acceso ao servizo. A tramitación da tarxeta suporá unha aportación inicial de 2 euros, mentres que a cota de aluguer mudará en función do tempo de duración do contrato. Por facer uso dunha bicicleta durante sete días pagaranse 15 euros. Se o aluguer é por un mes, a cota será de 25 euros, e todo o ano ascenderá a 40 euros. O horario de funcionamento do servizo é de luns a domingo de nove da mañá a dez da noite. A perda da tarxeta penalizarase cunha aportación extraordinaria de catro euros e, como é común neste tipo de prestacións, os usuarios terán que mudar de bicicletas cada catro horas. Eso non quere decir que só se poida facer uso dela durante este tempo, senón que cada catro horas as bicicletas teñen que entrar nunha estación. Despois pódese coller outra.

A posta en servizo do aluguer de bicicletas obedece ao interese do equipo de goberno por mellorar a calidade de vida dos cedeireses.

Nesta caso, a mellora é unha aposta por tratar de reducir o tráfico rodado polo casco urbán da vila. A aprobación dunha nova ordenanza demorou a un servizo para o que tamén foi necesaria a posta a punto das unidades. Aínda así, o goberno de Cedeira entende que todo comezo é unha especie de aventura polo que pide desculpas de antemán polos posibles problemas.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off