off
Cedeira, Política local — 19 Xullo, 2016 at 6:54 a.m.

A Cámara Municipal de Cedeira asina un acordo coa Xunta na mellora da Rede de Saneamento

by
O Concello de Cedeira asinou un acordo coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio polo que a administración local garantiza unha investimento de 733.650 euros na mellora da actual rede de saneamento e optimización da EDAR . Así se recolle un convenio de colaboración asinado hoxe entre o alcalde do municipio, Pablo Moreda Gil, e a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato. A actuación prevista, finanzada con cargo a fondos europeos, consiste na construción dunha nova rede separativa de pluviais.
Asín, segundo fontes consultadas, os colectores que agora existen quedarán exclusivamente para o transporte de augas fecais. O acordo tamén albisca a renovación do tramo de colector que parte do polígono da Xunqueira, posto que actualmente sofre filtracións e é necesario impermeabilizar os pozos de rexistro da rede.
Pablo Moreda destacou a importancia dun acordo “polo que levamos traballando máis dunano”, por canto para o goberno local representa a execución da obra prioritaria prevista para  o presente mandato. O alcalde entende que o feito de ter financiación para poder executar oproxecto tamén debe representar unha gran alegría para o conxunto do pobo de Cedeira, xa que“a mellora do saneamento repercute en beneficio de todos”, apuntou. Neste sentido, Moreda lembrou que “dende hai relativamente pouco tempo a vila  pode presumir de ter unhas augas limpas nos seus areais”, “unha consecuencia máis das moitas que chegarán da man da realización desta obra”, sinalou.
Os contidos do convenio teñen que levarse a cabo entre este ano e o seguinte
Por outra banda, o alcalde explicou que o Concello tamén contribuirá ás obras que serán executadas pola Xunta coa reposición da rede de sumidoiros da rúa As Pontes de García Rodríguez e melloras nas minidepuradoras que dan servizo aos núcleos de Cervo e A Corredoira. Pablo Moreda estivo acompañado pola concelleira de Cultura e Urbanismo, María Xosé Rodríguez, e do de Medio Ambiente, Camilo Casal.
Nota de imprensa:Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off