off
Cedeira, Festas, Gastronomía — 18 Xullo, 2016 at 6:13 a.m.

Volve a Festa do Percebe de brazo dado do Museo Mares de Cedeira

by

Duas boas razóns para visitar Cedeira os días 23 e 24 con motivo dunha nova edición da festa de degustación deste crustaceo senlleiro da costa galega. A Festa do Percebe, volta ao calendario festivo local despóis de seis anos de ausencia, e faino cun apertado calendario de actividades entre Entre ás doce do mediodía e a media noite serán servidas por volta de 4.500 racións de percebes, 3.200 de berberechos, 3.00o de arroz con merluza e marisco e viños do país.  Os prezos aínda están por determinar á espera da merca e taxación produto, xa que é a frescura do percebe a que permite gorentar as características gustativas deste crustaceo con  sabor a mar. O que si se sabe e con certeza é que o porto pesqueiro cedeirense será o centro de referencia dunhas celebracións que arrancarán o día 22 cunha xornada de pesca infantil. Será a partir das cinco da tarde. A inauguración oficial do programa terá lugar ao día siguinte coa apertura dos postos e a exaltación do marisco. A Confraría de Pescadores, que está ao frente da organización, confía en que a XV Festa do Percebe xerará unha grande afluencia de público logo de varios anos sense celebrar.

Museo Mares de Cedeira 

A apertura do Museo Mares de Cedeira terá lugar pasadas as 12.30 horas. Trátase dunha iniciativa da Asociación Mares de Cedeira que, co apoio do Concello, a  Confraría e a sociedade civil cedeirense, leva tempo traballando na recuperación do patrimonio pesqueiro para a creación da exposición que poderá verse na planta baixa da Casa do Pescador. A música incorporarase ao programa a partir da unha da tarde có percorrido da charanga Mekanika polas rúas da vila para, a continuación, tamén amenizar o xantar aos comensais na zona portuaria. As primeiras horas da tarde estarán adicadas aos nenos. Para eles está pensado o parque de xogos, con inchables incluídos, que haberá na praia da Area Longa, a partir das cinco da tarde. Coa actuación do grupo musical Ban “D” Bolo no porto pesqueiro concluirá a primeira xornada festiva. Ao día seguinte, o programa volverá a arrancar ás doce do mediodía se ben, nesta ocasión, será o cuarteto Robaleira o que terá a obriga de amenizar a degustación gastronómica. A colaboración do Concello coa celebración da festa pasa por cuestións loxísticas e pola contratación dos grupos musicais. A concelleira de Cultura e Urbanismo, María Xosé Rodríguez, dixo que a cita festiva se fai para atraer a xente de fóra pero tamén para que gocen os veciños da vila. A todos eles a concelleira anima a que secunden coa súa presencia os actos programados para os días 23 e 24.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off