off
Cedeira, Festas, Viño — 6 Xullo, 2016 at 7:42 a.m.

1ª Feira do viño dos hostaleiros da vila de Cedeira

by

maleco_prazadopeixe_CEDEIRA_OLLAPAROA Asociación de Comerciantes e Hostaleiros do Casco Vello celebrará a 1ª Feira do Viño de Cedeira  o próximo sábado día 8 no Malecó. Un total de oito casetas e máis de nove denominacións de orixe, entre outras Ribeiro, Cigales, Rioja e Toro, son algúns dos atractivos dunha proposta coa que se pretende iniciar á vila no tan demandado turismo enolóxico, segundo destacou o presidente da entidade organizadora, Francisco Zaera.

O programa inclúe dende degustacións ata sorteo de agasallos entre os participantes.

A panadería Arribi e a pastelería Las Camelias colaboran facéndose cargo de elaborar e distribuír, de maneira gratuíta, racións do afamado pastelón de Cedeira. Os agasallos consistirán en lotes de viños, botellas do tipo magno e unha visita guiada a unha adega, con xantar incluído. Para participar é imprescindibel realizar unha consumición nalgún dos postos que estarán abertos ao público de 12.00 a 14.00 e de 19.00 a 21.00 horas. Para darlle axilidade ao desenvolvemento da feira, a organización optou por poñer á venta un tícket de catro consumicións ao prezo de dez euros, unha posibilidade que ademáis garantiza ao consumidor un agasallo extra, unha copa de vidro.

Denominacións de orixe galegas

Cómpre parabenizar e aplaudir este tipo de iniciativas da sempre activa e imaxinativa Asociación de Comerciantes e Hostaleiros do Casco Vello,   pola súa transversalidade e determinación de cara a atraer máis visitantes no período estival coa mellor e variada oferta. Porén, non estaría de máis que tratándose dunha zona non productora mas consumidora de viño como o Ortegal, nas vindeiras edicións Concello e organizadores da Feria do Viño poideran contemplar a posibilidade  de debullar como obxectivo principal potenciar os productos locais de  brazo dado das prestixiosas denominacións de orixe galegas ( Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras  e viños da terra como da Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense) en colaboración coa  rede de adegueiros e denominacións do país. Sería unha oportunidade para formar e sensibilizar (catas, cultura do viño galego, etc) dando a coñecer  os productos próprios da comarca  (da horta,  carne, mel, queixos, manteigas,  conservas e derivados do mar) reforzando asín o vínculo entre os productos e o territorio.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off