A partires dos dados da Secretaría de Estado de Comercio no seu informe “Estadísticas españolas de exportación de material de defensa, de otro material y de productos y tecnologías de doble uso”. A visualización de dados acrescenta se os paises seleccionados están en situación de conflito armado segundo as variables da base de dados de Uppsala UCDP (Uppsala Conflict Data Program).
O goberno español non facilita información estatística oficial das importacións , portanto, o dados dispoñibleis son os oferecidos pola Oficina de Comercio Exterior sobre as importaciones realizadas das armas recollidas polos asteleiros baixo ol código TARIC 93.
As exportacións españolas de armas e material de defensa o ano 2014 segundo os dados elaborados polo Centre Delàs ascenderon a 3.203 millóns de euros (un 18% menos que en 2013, ainda que un 925% más que en 2004). O 4% das exportacións mundiais de armamento e o 1,3% do total do balanzo comercial español. Malia ol 57% das exportacións de armas foron para países da Unión Europea, chama a atención que o 16% das exportacións de armas foran con destino a Oriente Medio.Marrocos é o terceiro maior comprador de munición española (89,7 millóns de euros), por detrás de Arabia Saudí (30,1 millones de euros) e Bahréin (13,2 millónss de euros). De material policial e antidisturbios, no 2014 autorizaronse exportacións por valor de 9,68 millóns de euros, chegánodse exportar material por valor de 9,95 millóns a destinos como Tunisia, Bolivia, Perú, Venezuela e Libia ( un país embargado a mergullado nunha guerra civil e con dous gobernos exercendo o poder).
Na grella móstranse as exportacións de armas de España (o quinto fornecedors de armas da UE) en milleiros de euros. Se facemos unha escolla por paises con conflicto armado o ano 2014, en milleiros de euros en valores correntes, salientarmos que o estado español exportou armas a Pakistán e Afganistán e aos denominados paises con conflictos “menores” como Israel, Colombia, Turquía, India, Libia, Exipto e Arabia Saudita, entre outros. España contina alimentando conflictos en Oriente Medio, cos países do Golfo Pérsico á cabeza, tal e como demostra o informe “Exportaciones españolas de armamento 2005-2014. Alimentando conflictos en Oriente Medio”.
Cómpre lembrar que o Xan Carlos I, na súa derradeira xira internacional visitou a rexión, en concreto os paises que conformarn o Consello de Cooperación do Golfo co obxectivo de favorecer contratos de empresas. Foi acompañado de varios ministros, entre eles o Ministro de Defensa e quince empresarios españois, entre deles, os representante de Indra e Navantia. En decembro Pedro Morenés, Ministro de Defensa, visitaba Israel. A primeira visita dun ministro de defensa español a aquel país, segundo informaba a Cadena Ser.
Velaí que neste período España non realizara exportacións a Irak, Palestina, Siria e Iemen; porén é inaudito e merece reprobación que se teñan exportado armas, municións, partes e accesorios (TARIC 93) a Irán (590 mil euros) e ao Líbano (527,7 mil euros). Autorizándose exportacións en 2014 a países que están embargados tanto polas Nacións Unidas comopola Unión Europea (só a Irak armas por valor de 95,8 millóns).
| País | 2014 | |
|---|---|---|
| 1 | Afganistán | 573 |
| 2 | Alemaña | 272449 |
| 3 | Arxelia | 420 |
| 4 | Andorra | 25 |
| 5 | ||
| 6 | Arabia Saudita | 292862 |
| 7 | Arxentina | 549 |
| 8 | Australia | 139689 |
| 9 | Austria | 1568 |
| 10 | Bahrein | 39932 |
| 11 | ||
| 12 | Bélxica | 7248 |
| 13 | ||
| 14 | ||
| 15 | Brasil | 28867 |
| 16 | Bulgaria | 633 |
| 17 | ||
| 18 | Camerún | 28523 |
| 19 | Canadá | 3311 |
| 20 | Colombia | 1709 |
| 21 | ||
| 22 | Cuba | 129 |
| 23 | Dinamarca | 2333 |
| 24 | ||
| 25 | Exipto | 107951 |
| 26 | ||
| 27 | ||
| 28 | Ecuador | 85921 |
| 29 | Eslovaquia | 7 |
| 30 | Eslovenia | 636 |
| 31 | EEUU | 34026 |
| 32 | ||
| 33 | ||
| 34 | Finlandia | 680 |
| 35 | Francia | 520669 |
| 36 | Gabón | |
| 37 | Xeorxia | |
| 38 | Ghana | 343 |
| 39 | Grecia | 47444 |
| 40 | Groenlandia | 19787 |
| 41 | Guatemala | 680 |
| 42 | Guinea Bissau | |
| 43 | Guinea Ecuatorial | |
| 44 | Haití | |
| 45 | Honduras | |
| 46 | Hong Kong | |
| 47 | Hungría | 387 |
| 48 | India | 14783 |
| 49 | Indonesia | 112031 |
| 50 | Irán | |
| 51 | Irlanda | 600 |
| 52 | Islandia | |
| 53 | Israel | 3428 |
| 54 | Italia | 96126 |
| 55 | Xapón | |
| 56 | Xordania | 190 |
| 57 | Kazajstán | 53896 |
| 58 | Kenia | 748 |
| 59 | ||
| 60 | ||
| 61 | Kuwait | 818 |
| 62 | ||
| 63 | Letonia | 598 |
| 64 | ||
| 65 | Libia | 279 |
| 66 | Liechtenstein | |
| 67 | ||
| 68 | Luxemburgo | 152 |
| 69 | Malasia | 2515 |
| 70 | ||
| 71 | Marrocos | 9703 |
| 72 | ||
| 73 | ||
| 74 | México | 79 |
| 75 | ||
| 76 | ||
| 77 | ||
| 78 | ||
| 79 | ||
| 80 | 2020 | |
| 81 | Nova Zelandia | 448 |
| 82 | Omán | 64893 |
| 83 | Países Baixos | 403 |
| 84 | Pakistán | 1442 |
| 85 | Panamá | |
| 86 | ||
| 87 | ||
| 88 | Perú | 2836 |
| 89 | Polinesia Francesa | |
| 90 | Polonia | 803 |
| 91 | Portugal | 3472 |
| 92 | Qatar | 667 |
| 93 | Reino Unido | 862685 |
| 94 | República de Corea | |
| 95 | República Dominicana | |
| 96 | República Checa | 1863 |
| 97 | Romenia | 0 |
| 98 | Federación de Rusia | 7 |
| 99 | ||
| 100 | ||
| 101 | Serbia | 10 |
| 102 | Serbia e Montenegro | |
| 103 | Seichelles | 12 |
| 104 | Singapur | 2330 |
| 105 | República Árabe Siria* | |
| 106 | Sri Lanka | |
| 107 | Sudáfrica | |
| 108 | Suecia | 10100 |
| 109 | Suiza | 7225 |
| 110 | Suriname | |
| 111 | Tailandia | 3432 |
| 112 | Tanzanía | 33 |
| 113 | Trinidade e Tabago | |
| 114 | Tunisia | 1612 |
| 115 | Turkmenistán | |
| 116 | Turquía | 243673 |
| 117 | Ucraína | |
| 118 | Uruguai | 1101 |
| 119 | Venezuela | 10779 |
| 120 | Viet Nam | 36492 |
| 121 | Chile | 9607 |
| 122 | Chipre | |
| 123 | Zambia | 8 |
| 124 | Zimbabwe | |
| 124 | Total | 3.203.251 |
