A sentenza podería levar á extradición do militar de Estados Unidos a Chile. Jara, unha das voces senlleiras da música latinoamericana, vai ser víctima da represión do rexime de Pinochet logo de ser torturado e asasinado no antigo Estadio Chile baixo o mando do extenente Pedro Barrientos, que hoxe tén nacionalidade estadounidense. Esa é conclusión do tribunal federal de Orlando nun proceso encabezado polo xuiz Roy Dalton e iniciado despois da demanda civil que interpxueran a compañeira do músico, Joan Jara, e as súas fillas Manuela e Amanda. O hogano cidadán estadounidense, deberá pagar unha compensación de 28 millóns de dólares á familia Jara, polos danos e perxuizos. Para a avogada Catherine Roberts, a sentenza significa “unha mensaxe a quen perpetrou crimes, senón tamén ao Goberno de Estados Unidos para que axilice a extradición (de Barrientos) a Chile”.










