Todos falaban de cambio mais non haberá tal. Galiza votou non e España votou non, reflectindo de paso o fracaso das sondaxes televisivas. Os resultados dos 26-X coa nídia vitoria do PP, a decepción de Podemos e o efeito da división do nacionalismo inducido por Beiras mostran que a súa estratexia e a de Pablo Iglesias na coalición con IU non suma: Unidos Podemos perde 1,2 millóns de votos e fica a 15 escanos do ‘sorpasso’. Iglesias, Garzón e Beiras acabaron sendo vítimas da súa propia menciña. Podemos, Anova e EU perde un escano e case 70.000 votos , sendo superada polo PSdeG. O BNG segue recuando.
A Rajoy abóndalle coa abstención do PSOE para sair investido. Sánchez frea o ‘sorpasso’ de UP e o descenso de Ciudadanos impide a sua alternativa e unión de dereitas.Malia iso o PSOE queda lonxe do PP.
Podemos acada unha amarga vitoria en Cataluña, porén tórnase a primeira forza en escanos en Euskadi superando ao PNB. Porén, Podemos pincha en Galiza onde o PSOE pasa a ser segunda forza. Pior é na Comunidade de Madrid, onde non suman nen os dous deputados de IU o 20-D ficando cos oito escanos que xa tiñan. A suma de Més a Baleares e Esquerda Unida no País Valenciá non se traduce en nada, manténdose como segunda forza despois do PP.
España xira de novo á dereita e ao centralismo emitindo un non ao cambio e a facer concesións á plurinacionalidade
Só Cataluña e Euscadi resisten ao PP. O soberanismo catalá continua mantendo o pulso. Galicia parécese a Rajoy e continua mostrando que ten alerxia ao cambio. Galiza e o conxunto do Estado votaron conservador desligándose dos ares de renovación que se respiran noutros lares, como no caso de Cataluña, onde os partidos partidarios da independencia ou do dereito a decidir teñen folgada maioría. En Comú Podem confirmou a súa forza eleitoral en Cataluña porén se o procés se agudiza deberán posicionarse dun xeito máis claro do que o fixeran até o de agora.
O Estado recuperaría a estabilidade a costa de barrarlle o paso a rexeneración democrática (a corrupción sáelle de balde ao PP) e ao replantexamento territorial.
Os votantes validan o inmobilismo do PP, que rendibiliza os chamados ao voto útil. No conxunto do Estado a repetición eleitoral reforzou a Rajoy recibindo parte dos votos do partido de Rivera quen ainda ten a baza de ter o seu papel no futuro goberno do Estado que é dificil imaxinar sen a participación do PP (é mesmo posible que non precise unha grande coalición co PSOE, a suma de PP con Ciudadanos quedaría a 7 escanos da maioria absoluta) O voto tradicional español amedoñouse polo pulo demoscópico de Podemos e o voto que en decembro foi parar a Albert Rivera dediciu voltar a casa máis corrupta e desnortada da dereita española dos últimos anos. A suposta reforma do Estado fica adiada sine die.. A partires de agora En Marea e Anova deberán achegar algo máis do que fraternidade.











Eleccións 20-D NOS: 70.863.
Eleccións 2016 BNG-NOS: 44.902.
Diferencia de votos: 25.961.
Dato importante.