off
Eleccions 26-X 2016, Política, Politica espanhola — 26 Xuño, 2016 at 8:50 p.m.

O PP recupérase do devalo de decembro e Unidos Podemos non consigue o ‘sorpasso’

by

O resultado non confirma as sondaxes. A “esquerda alternativa” ve pasar de largo o sono do ‘sorpasso’. En Galiza  dous escanos  aínda poderían mudar de mans. O PSdeG recupera o segundo posto en votos e escanos. O BNG volve quedar sen representación parlamentaria 


O devalo de Ciudadanos beneficia ao  PP, a única forza que mellora os resultados dp 20-D. Sánchez salva os mobles e evita que Iglesias e  Garzón, estancados, o superen.  En Marea sofre unha queda e acadaría o 1,43% das papeletas e 5 escanos, fronte aos 6 que conseguira o 20D. Malia os inquéritos a pé de urna, na Coruña (82,06%) Ciudadanos ainda opta a arrebatarlle un deputado aos populares (4.847 votos de diferenza)en Ourense (80,01%) e En Marea está a 3.161 votos de quitarlle un escano ao PP.  Feijóo recupérase na Coruña. Máis de 4.000 votos separaron o partido de Albert Rivera do escano acadado o 20D, que volve ao PP.

Tamén en Valencia o PP volve gañar as eleccións.En Comú Podem revalida a victòria en Cataluña,  ERC consolida a segunda posición e o PP gaña un deputado. O líder de ERC, Oriol Junqueras, afirma  que os resultados do 26-X “demostran que o estado español non quere mudar”. “O único cambio real é a república catalana”.

Enorme fracaso eleitoral para a Galiza

As Mareas apostaron por Madrid e acabaron  fracturando o nacionalismo galego. Perdeu un deputado, perdeu posibilidades de ter voz e perdeuse conciencia nacional. A ANOVA de Beiras acada o mesmo que o BNG , 2 de 5 de En Marea. Mas sen o BNG. O sistema sigue amarrado.España é irreformabel.

94,34%_Galiza-X26

Cedeira

100_cedeira_26X

One Comment

  1. Pp mais movilizado 100 votos mais. O resto moita abstención.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off