off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións, Política local — 22 Xuño, 2016 at 11:51 a.m.

A cámara municipal de Cedeira móstrase disposta a colaborar coa Xunta para mellorar treitos urbanos da AC-566

by

O Concello de Cedeira móstrase disposto a colaborar coa Xunta, máis concretamente coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para mellorar o estado actual que presentan algúns treitos urbanos da estrada AC-566.


Así se desprende do encontro celebrado días atrás entre o xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña, Felipe de la Vega Gándaras, e o alcalde cedeirense, Pablo Moreda. Este último expuxo ao responsabel da Xunta a necesidade de repor o firme no treito de saída da vila en dirección ao Campo do Hospital e tamén no treito de entrada dende Ferrol, así como a urxencia de acometer obras de sinalización horizontal tales como pasos de peóns e liñas descontinuas, entre outras.

estradaAC-566_OLLAPARO

Beirarrúas da rúa Castelao

Moreda tamén pideu ao representante da Xunta a posibilidade de ampliar as beirarrúas da rúa Castelao. En concreto, a idea barallada pola administración local pasa por suprimir unha zona de carga e descarga de moi pouco uso para incrementar os espazos reservados aos peóns. A citada avenida é de moito tránsito. Moreda Gil di que Felipe de la Vega se comprometeu a estudar o asunto, polo que confía en que a solución aos problemas plantexados polo Concello chegará en próximas datas.

Substitución dunha  canalización en Saá (Esteiro) por desprendemento

Estase substituír nove tubos de canalización na zona de Sáa-Esteiro, onde houbo un desprendemento de terreo, cunha inversión aproximada de 4.000 euros. As tuberías, de 60 centímetros de diámetro, atopábanse destrozadas polas chuvias e os arrastres, o que impedía o paso da auga do río e provocaba eses corrementos de terra. Esta situación provocaba risco para os condutores e para os peóns polo que se tomou a decisión de exectuar as devanditas obras.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación
Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off