Nos Estados Unidos de America hai logo seis veces máis tendas para mercar armas do que cafetarias da cadea Starbucks.
A empresa 1point21 comparou o número de loxas legais onde se venden armas coa cadea de cafetarías máis coñecida dos EUA, as Starbucks. O proxecto de mapeado contou 64.747 els distribuidores de armas con licenza e 10.843 cafetarias Starbucks.
Os dados de armas están tirados da Oficina de Alcohol, Tabaco, Armas de Fogo e Explosivos en 2015 e as das cafetarias de 2013. Alén diso, as loxas de armas superan tamén ás loxas da alimentación e aos McDonalds’s. Se no reconto sumáramos os coleccionistas de armas e os fabricantes a cousa chegaría até 138.659. Máis un dado para completarmos o arrepiante panorama: o número de escolas públicas é 98.328.
Dende comezo de ano xa morreran 5.965 mortos e 12.249 feridos nos EUA .Segundo o arquivo Gun Violence, só nas derradeiras 48 horas morreran 50 persoas por armas de fogo, sen contar as da mantanza de onte en Orlando.



Datos de 2015:
45 tiroteos en escolas
9.964 falecidos por armas de fogo
O 60% das mortes violentas son causadas por armas de fogo.
EEUU lidera a distancia o ranking de paises co maior número de asasinatos con armas de fogo, Desde 1969 levan morto asasinad@s por armas de fogo 2.200.000 persoas un número maior que de soldados ianquis en conflicto bélico. E estamos a falar dun pais que leva o 90% da súa historia invadindo, saqueando e en guerra permanente desde a súa fundación… uns 108 conflictos bélicos e dende a II Guerra Mundial, ademais de ser o maior produtor de armas do mundo, levan matado a 30.000.000 de persoas nos seus conflictos.
E despois da última masacre Xosé, ven e dinos que a venda de armas en USA non é noticia. Home eu xa fai 15 anos que vin a peli de Michael Moore, Bowling for Colombine, nos Cines Verdi de Gracia en Barcelona… daquela cando nos manifestabamos contra a Guerra de Iraq… e o certo é que continúa a ser noticia para desgracia dos seus habitantes e do mundo enteiro.
Xosé, Xosé!
A cifra de asasiad@s é 1.400.000 non 2.200.000
Se facemos a división toca a unha tenda de armas por cada 5.000 habitantes. Iso quere dicir que en cada pobo dos USA hai unha tenda de armas. Din que en USA é sinxelo mercar unha arma. Non sei onde está a noticia. Alí é normal. As matanzas que hai nos colexios veñen desa compra tan sinxela. E un “lobo solitario” como o da matanza na discoteca gay de Orlando ten tamén sinxelo mercar unha arma.
A pregunta que fai a foto sería que cada pobo que pase dos 4.800 cidadáns terías case asegurada unha tenda de armas. O normal en USA. Así lles vai.