off
Fin de semana, Música — 3 Xuño, 2016 at 10:53 a.m.

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia en Ferrol

by

José Miguel Pérez Sierra dirixirá a 5a sinfonía de Beethoven coa Sinfónica de Galicia , este venres ás 20.30 no Auditorio de Ferrol. No programa tamén a Obertura de Guillerme Tell de Rossini , a suite de Peer Gynt de Grieg e o Adagio para cordas de Samuel Barber.

O debut de Pérez Sierra (nado en Madrid en 1981) coa Orquestra Sinfónica de Galicia foi en 2005, antes do seu exitoso paso pola Rossini Opera Festival de Pésaro (Italia). O próximo compromiso deste mozo director coa orquestra galega será o Der Fliegende Holländer (O holándes  errante) de Richard Wagner.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off