Trátase dun colectivo de case 2.000 traballadores e traballadoras que leva máis de 10 anos sen ter un convenio colectivo que regule e mellore as súas condicións laborais, máis de 10 anos sen poder acercarse ao seu domicilio, non pode seguir a inestabilidade no seu posto de traballo, teñen que funcionar ben as listas de agarda para substituír ao persoal nas súas ferias, permisos e licenzas.
A CIG anunciou ao xerente na última reunión celebrada o 17 de abril que non o sindicato non ia aceptar máis demoras, futuros marcos legais de integración ou apelar a paciencia e boa fe
Durante todo este tempo é a profesionalidade de todo o persoal do Consorcio o que está a manter uns servizos de calidade para as usuarias e usuarios. No acordo marco asinado pola FEGAMP e a Consellaría de Política Social lese: “A Fegamp e o Consellería de Política Social consideran que a fórmula consorcial é un modelo perfectamente válido para seguir prestando e cofinanciando servizos socias de maneira conxunta e coordinada entre a Administración Autonómica e a Administración Local”. Trátase do comezo do fin da louvada Axencia Galega de Servizos sociais?
O acordo marco FGAMP-Xunta non ten en conta que o persoal non ten equiparados os seus salarios e dereitos co persoal da Xunta de Galiza aos efectos de calcular os custes de funcionamento dos centros de traballo.
A CIG manifestou que “non vai pasar por menos que a aplicación das condicións do V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza. Solicitaremos ao xerente do Consorcio e ao conselleiro de política social entrevistas urxentes para que definan dunha vez a situación real da Axencia e/ou Consorcio e comezar de inmediato coas negociacións cara a aplicación do V Convenio. De non ter resposta o sindicato tomará as medidas de presión que considere oportunas de cara a conseguir os dereitos que nos son negados, o V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza.
Están a mobilizarse de novo para que se lles aplique o V Convenio único do persoal laboral da Xunta de Galicia e todo o persoal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Esta petición será entregada ao Presidente da Xunta de Galicia.
As traballadoras e traballadores piden o apoio das familias e en xeral da cidadanía para que se lles aplique o convenio a través desta ligazón:










