
Este sábado enclausúranse as primeiras Xornadas Botánicas coa charla de Alvaro Porto Dapena e a lectura poética de Antón cortizas homenaxenado a Xabier Soñora quen fora grande botánico e a quen Galicia e Cedeira particularmente débenlle o achádego e descripción dalgunhas novas especies botánicas: Crepis novoana , por citarmos unha.
“Ciencia, arte e literatura xunguidas na defensa da nosa natureza”
Ainda por rematar o ciclo o próximo sábado 28, preguntamos a Rafael Loureiro, organizador e autor do blogue Ao Noroeste do Noroeste, como se tiñan desenvolvido as xornadas tratándose da primeira edición confesou “estar sorprendido da acollida das xornadas, se pra escoitarme a min superábanse as trinta persoas, nunca o imaxinara, pra escoitar a Xan F. Oubiña e Roi Carballa eramos cerca de cincoenta”.
Programa do sábado
O programa de peche dará comezo ás doce do mediodía na sala Áncora cun relatorio sobre “A flora cedeiresa a través dos nomes dos lugares”, a cargo do catedrático emérito da Universidade da Coruña Álvaro Porto Dapena. O conferenciante aportará exemplos sinxelos para demostrar a relación que existe entre o nome dos lugares e as plantas que crecen neles. Tras a disertación de Álvaro Porto arrincará o último acto das xornadas, que consistirá nunha pequena homenaxe litararia a Xabier Sóñora coa forma dun recitado poético na voz do escritor e investigador etnográfico Antón Cortizas. O homenaxeado, finado hai máis dúas décadas, foi doctor in péctore en Bioloxía e delegado en Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural.


















