off
Cedeira — 25 Maio, 2016 at 8:54 a.m.

Retirada dos coletores soterrados da Praza Roxa de Cedeira

by

prazaroxa_CEDEIRA_OLLAPAROO Concello de Cedeira empezou as obras de retirada do sistema de coletores subterráneos da praza Roxa, unha intervención que se prolongará durante 15 días e que terá como finalidade crear un novo acceso a este espazo.

Os traballos, que teñen un custo de 12.510 euros, consistirán na demolición dos tubos de distribución e o recheo con area para colocar despois un solo de formigón armado que comunicará coa praza. A obra inclui a eliminación dunha das zonas axardinadas, para que os servizos de mantemento ou emerxencias poidan entrar cos seus vehículos. Esta intervención completarase con outra valorada en 5.619 euros para suprimir o desnivel e igualar o pavimento coa rasante do espazo de xogos.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off