A operación policial comezou a noite pasada, cando centenares de axentes bloquearon o acceso ao campo pedindo aos medios de comuniación e aos voluntarios que abandonaran o lugar.
No entanto, a policia, coa axuda dos intérpretes, foron informando aos refuxiados da operacion de traslado. Co feche do chamado roteiro dos Balcáns tancament de l’anomenada ruta dels Balcans, das fronteiras de Hungria, Austria, Croacia e, nomeadamente, a de Macedonia, milleiros de persoas acamparon en Idomenei, derradeiro punto ao que lles deixaron chegar no seu éxodo cara o norte, coa arela esperanzada dunha apertura do valado.
Idomeni é unha pequena vila grega na fronteira con Macedonia que os derradeiros meses tornouse símbolo da resistencia dos milleiros de refuxiados bloqueados no seu camiño cara Europa fuxindo da violencia e a guerra nos seus paises. Neste lugar erguérase os últimos meses un campamento atentido polas ONG e centenares de voluntarios que organizaron os servizos básicos para atender os milleiros de persoas que chegaban logo de cruzar o Mediterráneo. Porén, a Europa tornada muro e fortaleza non abriu as aportas blindando ainda máis os muros, deixando sen atención ducias de milleiros de refuxiados que continuaron fuxindo das guerras da Siria ou do Afganistan. Segundo o acordo entre a UE e Turquia en vigor dende marzo, calquer refuxiado que chegue a Grecia irrgularmente é voltado para Turquia, considerado un “país seguro”. Na troca pactada, por cada deportación efectiva, as autoridades turcas envian un refuxiado a Europa.
Nen o pacto UE-Ankara nen o reparto entre os socios da UE dos refuxiados que chegaran a Grecia e Italia deu resultado xa que hai paises, entre eles o Estado Español, que non acadan os mínimos comprometidos de acollida.
Greek authorities begin evacuation of Idomeni refugee camp https://t.co/UUHe1xZlX3 pic.twitter.com/m6NXwlIIZJ

Ao mellor tamén che interesa:











http://internacional.elpais.com/internacional/2016/05/25/actualidad/1464203649_796725.html
Isto cadra xusto coa quita e reestructuracion da débeda.