
Faino responsabel da fianza dos extesoureiros Luis Bárcenas e Álvaro Lapuerta polo caso da Caixa B e pola reforma da sede do partido segundo avanzou a Cadena Ser.
Dalle 10 dias ao Partido Popular (PP), para que deposite unha fianza de un millón e medio de euros polo caso Caixa B do partido, o chamado caso Bárcenas- e as irregularidades na reforma da sede de Madrid na rua Xénova.
Se non o fai, ambargaríanlle algunhas contas e bens por esa cantidade. O PP deberá sentarse no banco dos acusados como responsabel civil subsidiario de todos os casos.
O xuiz acha que o PP é responsabel subsidiari das irregularidades dos seus extesoureiros e que non pagou os máis de 220.000 euros de imposto de sociedades polos donativos irregulares de 1 millón € presuntamente recibidos. Xa que Bárcenas e Lapuerta non teñen cartos para pagaren a fianza, o xuiz De la Mata reclámallos ao PP. Alén diso, o xuiz tamén consider ao PP responsabel da fianza por ter axudado a unha empresa de arquitectos a defraudar a Facenda o ano 2008 cando pagou con carto negro polas obras de refroma da súa sede central en Madrid.










