off
Europa, Politica espanhola — 23 Maio, 2016 at 9:55 a.m.

O goberno de Rajoy admite que ten que facer cortes após as eleicións para evitar a multa de Bruxelas

by

A advertencia de multa de Bruxelas polo exceso de déficit forzou ao presidente do goberno español en funcións a enviar unha bandeiraunioneuropea-OLLAPAROcarta ao presidente da Comisión Europea,  Jean-Claude Juncker. Segundo a carta, mália a insistencia de Rajoy prometendo públicamente  que non faría cortes na vindeira lexislatura, o presidente en funcións afirma que o seu goberno é “conscente na necesidade de sair do procedmeneto por déficit excesivo  tan axiña como for posibel”e por iso “na segunda metade do ano, unha vez haxa novo goberno, estaremos dispostos a adoptarmos novas medidas, de se precisar, para cumprir co obxectivo”

Na mesma carta Rajoy responsabiliza as autonomías como as administracións culpables do desvio do 2015  e suliña que a administración central sí que cumpriu co seu obxectivo. 

Bruxelas exixelle ao Estado  un axuste de 8.000 millóns entre eo 2016e o 2017 e ameaza cunha multa de 2.100  que imporia despois das eleicións. O Estado español rexistrou un déficit do 5,1% do PIB no 2015, quer dicer, que superou  10.000 millónsi o obxectivo fixado.

Porén, nunha entrevista a TVE, o ministro do Interior en funcions, Jorge Fernández Díaz, admitiu que o Estado non cumpriu  “estrictamente” co déficit comprometido coa UE “e portanto  debemos continuar facendo alguns axustes para acadarmos a posición que debemos ter“. Segundo Fernández Díaz aquesta “non é cuestión do PP, mas de España” ,e  por tanto “ calquer goberno que desois das eleicións deberá facer iso, quer  queira que non” . E acrescentou: “Terá que dixer a verdade ao pobo, non enganar”.

 

One Comment

  1. O PP seguirá recortando á dereita seguirá esprimindo ó proletariado. Covenlle.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off