off
Movementos sociais, Politica internacional — 11 Maio, 2016 at 9:35 a.m.

Refuxiados sirios mortos e espancados segundo denuncia de Human Rights Watch

by

A ONG de dereitos humanos denuncia que axentes turcos dispararon fogo real e obrigan as familias que fuxen a voltaren a un país en guerra.


Os vídeos e testemuños difundidos pola ONG a prol dos dereito humanos  Human Rights Watch (HRW) deitan por terra a idea que Turquia sexa un país seguro para os refuxiados, como pretende a Unión Europea. Este principio é a base do acordo asinado en marzal entre os 28 estados europeos e o goberno de  Recep Tayyip Erdogan para expulsar a Turquia os migrantes e refuxiados que cheguen sen papeis ás illas gregas. A ONG insta ás autoridade turcas a abrir a fronteira e acoller os refuxiados que arestora se acumulan diante dunha fronteira fechada e reclama á UE que non “olle para outro lado”. A  ONG documentou a morte a maos de axentes turcos de cinco civís sirios (e unha crianza) que tentaban cruzar a fronteira, entre marzo e abril, despois da sinatura do acordo.  
É evidente por  moito que altos cargos turcos afirmen que están a acoller refuxiados sirios cunha politica de fronteiras abertas xa que os seus gardas asasinan e baten nos refuxiados que fuxen, denunciou  Gerry Simpson, investigador de HRW.
“Disparar contra homes, mulleres e crianzas traumatizadas que fuxen dos combates e dunha guerra indiscrimianda é arrepiante” , acrescentou.
A UE non pode ficar de brazos cruzados e ollar encanto Turquia utiliza fogo real e culatas para frear o fluxo de refuxiados. Os resaponsables europeus seguen sen recoñecer que a súa negativa aos refuxiados  dá luz verde a Turquía para fechar a súa fronteira e quen paga o prezo é a xente que non tén outro lugar onde ir.
14 persoas máis foran feridas de bala ou a pancadas, segundo os sobrevivintes, familiares das vítimas e veciños da zona, que nalgúns casos documentaron os abusos en vídeos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off