off
Cedeira, Festas — 30 Abril, 2016 at 4:22 p.m.

Festa dos Maios na vila vella de Cedeira

by

Maio verde maio verde…, coa parcería da Asociación da Vila Vella de Cedeira e o Concello e  coa organización da Asociación  Discalzos polo Festival, que se está a converter nunha factoria local de acción musical.

Abril fecha cos Maios nunha tarde azul de excepción nas camelias e no ar da vella vila de Cedeira. Veñen os maios  batendo sol, gaitas e pandeiros  na palleira e no adro,  a asubiar e danzar despois na Praza da Rectoral que pra iso está a carón, encostada no colo do maxín de festas e feiras de outrora.

Ás 20:00 haberá máis música ao vivo polas tascas e currunchos da vila vella de Cedeira: Calexa, Marieta, Peirao, Pinzón, Lanús, Ramón,San Antón, e Praza do Peixe.

Contra da noite, ás 23h., din de festa na Praza da Marieta con Adobriga, Os Carecos, JatoBillú, DJ Jenny Jenny.

CartazMaios-20160430-WA0000

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off