Ciencia, Arte e Literatura xunguidas na defensa da nosa natureza. Baixo o lema “Pra o coñecemento, a protección e a supervivencia da flora e fauna da Serra da Capelada e da Costá Ártabra”

O mes de Maio vén cuberto de flores, ciencia, ilustración e letras. Rafael Loureiro “Calel”, editor do blogue Ao noroeste do Noroeste (costaartabra@blogspot.com) vén de preparar as 1as Xornadas Botánicas de Cedeira co patrocinio do Concello de Cedeira.
O vindeiro mes de maio celebraranse en vários espacios da vila unhas bens interesantes xornadas nas que botánica e cultura ván de brazo dado.
Organizadas e coordinadas polo infatigabel Calel e grazas á desinteresada colaboración dos ponentes para poder arrexuntar Ciencia, Arte e Literatura na defensa do patrimonio botánico cedeirés, quer decir galego, quer decir universal.
O próprio e outros expertos no eido da botánica, como o profesor Fernández Oubiña, Miguel Serrano e Roi Carball seran os ponentes das diferentes sesións que se desenvolverán os dias 1, 14, 21 e 28 de maio, inaugurándose o dia 1 cunha exposición de debuxos naturalistas de Carlos Silvar e rematando o dia 28 cunha palestra de Porto Dapena sobre a flora de noso a través dos nomes de lugar ao que seguirá recitado poético de Antón Cortizas a modo de homenaxe ao sobranceiro biólogo Xabier Sóñora. As xornadas están abertas a todos os interesados, sendo a entrada libre.
Coñecer é protexer
No ano 2004, o Ministerio do Medio Ambiente calificou ao conxunto das plantas da Serra da Capelada e Costás de Ferrolterra, como “de importancia excepcional para el mantenimiento de la biodiversidad”. A única zona de Galicia que acadou tal catalogación. Tan extraordinaira nota conséguese tanto por ter unha flora orixinalísima canto por atoparse esta en grave perigo de extinción.
Endemismos únicos, raras flores de alta montaña, orquídeas ou fantásticos felgos macaronésicos que sobreviven dende a Era Terciaria (cando estas terras eran unha selva tropical) conforman un tesouro biolóxico valiosísimo que debemos coñecer e protexer.
Grazas ao catedrático e académico Alvaro Porto Dapena; aos profesores e investigadores de botánica da USC Juan Fernández Oubiña, Miguel Gallardo e Roi Carballal; ao escritor Antón Cortizas e ao ilustrador gráfico Calros Silvar,
Programa de actividades
Día 1 de Maio, inauguración ás 13 horas nas Salas do Palacete da mostra de debuxos naturalistas de Calros Silvar, ilustrador das guías de natureza Bahía Verde, de Bahía Edicións que permanecerá aberta ate o día 21.
Día 14 de maio, sábado, ás 12.00 horas, na Sala Áncora relatorio de Rafael López Loureiro, autor do blogue Ao noroeste do Noroeste: “Andaina visual fotográfica pola flora endémica e particular da Costá Ártabra”
Día 21 de maio, sábado, ás 12:00 horas, na Sala Áncora, o eminente Juan Fernández Oubiña, Profesor Titular do Departamento de Botánica da USC, disertará sobre “Flora ameazada de Cedeira e a Serra da Capelada”
Día 21 de maio, sábado, ás 13: 00, na Sala Áncora e a seguir da palestra anterior, investigadores do Departamento de Botánica da USC, presentarannos “Biodiversidade.eu, unha ferramenta dixital pra conservación do Medio Natural de Galicia e o Norte de Portugal”
Día 28 de maio, sábado, ás 12:00, na Sala Áncora, Álvaro Porto Dapena, Catedrático Emérito da Universidade de A Coruña, disertará sobre “A flora cedeiresa a través dos nomes de lugar”, unha entretenida disertación sobre a orixe e o siñificado de numerosos topónimos da nosa bisbarra.
Día 28 de maio, sábado, ás 13:00 horas, na Sala Áncora a seguir do relatorio anterior, pecharanse as xornadas cunha homenaxe literaria a Xabier Sóñora, (eminente botánico da bisbarra), baixo a forma dun recitado poético na voz do escritor e investigador etnográfico Antón Cortizas.
Descarga aquí o programa en formato pdf.


















