off
Cedeira, Europa, Mundo — 2 Abril, 2016 at 3:27 p.m.

A solidariedade cedeirense cos refuxiados desborda as previsións do Concello

by

O Concello de Cedeira, en parcería co Concello de Ferrol, canalizará só as achegas  de productos de hixiene e alimentos non perecedeiros 


A excelente resposta dos cedeireses ao chamamento do Concello para realizar donacións de material para os refuxiados sirios leva á institución municipal a limitar a campaña, que en principio íase prolongar durante toda a semana que vén, só até o martes 5 de abril.

A solidariedade dos veciños desbordou totalmente as previsións municipais, e por iso -o mesmo que sucedeu en Ferrol, Concello co que colabora o de Cedeira para canalizar esta recollida- anúnciase que unicamente se recollerán produtos de hixiene -que segue a ser o máis demandado- e, en todo caso, alimentos non perecedeiros. Poderanse depositar na sé dos Servizos Sociais, no edificio do Auditorio, exclusivamente ata o martes en horario de mañá. Non se precisa máis roupa, polo que se fai saber aos veciños que non deben entregala. O Concello expresa o seu agradecemento aos cedeireses pola axuda prestada aos refuxiados.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off