off
Cedeira, Teatro — 1 Abril, 2016 at 10:00 a.m.

“Identifica-t”, unha proposta teatral que identifica os comportamentos machistas

by

Un espectáculo teatral interactivo da compañía Galeatro 


O Auditorio de Cedeira acollerá este sábado as 20.00 horas a representación da obra de teatro “Identifica-t”, a cargo da compañía Galeatro, un espectáculo que tenta aportar un gran de area na loita contra o machismo que todavía pervive en pleno século XXI. A erradicación de condutas deste tipo é o que persegue Galeatro valéndose dunha iniciativa interactiva na que será o público o que terá que identificar os comportamentos que promoven a violencia machista.

O formato de “Identifica-t” é o dun concurso de televisión de carácter didáctico, ao longo do que van aparecendo condutas machistas en diferentes contextos como a música, a publicidade, as redes sociais ou as relacións persoais. A obra está dirixida a un público adulto e xuvenil e o custo da entrada é de 2,5 euros. “Identifica-t” forma parte da programación de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off