off
Cedeira, Música — 23 Marzo, 2016 at 9:10 a.m.

Peixe Rock, nova proposta de música na Vila Vella de Cedeira

by

A parcería da Asociación de Comerciantes da Vila Vella e o Concello de Cedeira fará posibel  unha intensa xornada de  rock  coincidindo co venres de Pascua.  


 

Os festivais de rock de pequeno formato están a presentarse como interesante e sustanbel alternativa das bandas de rock de noso para darse a coñecer ao tempo que dinamizan e exploran novos espazos e novos públicos en colaboración co tecido empresarial máis activo  e aquelas administracións locais sensibles coa aposta pola producción cultural galega como activo de desenvolvemento local. O Peixe Rock súmase así ao Discalzos polo Festival, outra recente proposta musical alicerzada nas bandas locais, para alargar a oferta cedeirense de música ao vivo feita no país.

Peixe Rock tira o nome do  lugar de celebración, na antiga  Praza do Peixe que logo das “melloras” permitirá acoller a primeira xeira dun festival con vocación de permanencia segundo declarou Fran Zaera un dos seus promotores e activo membro da Asociación de Comerciantes da Vila Vella que dende hai varios anos está a promover a reactivación da vida comercial, hosteleira e cultural da vila vella.

O festival estrearase coa participación de tres grupos da zona: Kozmic Blues, Faraway Place e The Way Cool García Show, que que xunguirán o soul e o rock máis duro  rente o mar, onde outrora se descargaba o peixe do día.

Kozmic Blues, premiados no Lidera Ferrol 2015, teñen xa un álbum, “Premonition”, que agora levarán a Cedeira, mentres que Faraway Place obtivo un premio en Vigo recentemente.

The Way Cool García Show completa o trío de novos músicos de Ferrolterraque darán moito que falar. Aínda que nesta primeira edición optouse por contar con bandas da contorna, non se descarta ir alén, sempre co obxectivo de proporcionar un espazo aos grupos noveis.


Ao mellor tamén che interesa:

Discalz@s polo Festival

Discalzos, unha aposta polo ecosistema musical de noso

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off