off
Cedeira, Teatro — 19 Marzo, 2016 at 11:14 a.m.

Sarabela Teatro presenta “A cova do dragón” no Auditorio de Cedeira

by

O grupo Sarabela “A cova do dragón” dirixida ao público familiar. Trátase dunha peza na que, baixo unha estrutura clásica, nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos, a princesa Celia, o seu amigo Telmo, príncipe interino, e un dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse. Baixo unha estructura clásica, relendo e e inspirándose e  autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, Sarabela Teatro fai unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos  a princesa Celia o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o noso dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse.

na-cova-grande

Sinopse

O dragón da nosa peza non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie por que os tempos nos que os dragón eran tan corrientes como o son agora os autobuses  xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumplir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: Para que vou eu querer unha pincesa?  dí.

Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz.

Un corno vou comela dixo o dragón molesto pola insistencia dos mozos. Nin sequera se me ocorriría tocar unha cousa tan horrible!

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off