O Informe da Organización Internacional do Traballo (OIT) publicado onte afirma que unha de cada tres empregadas do lar no estado español está arredada á economia submerxida e traballa sen cobertura social ningunha.O 80% das persoas que traballan no sector doméstico no mundo, por volta de 54 millóns son mulleres.
O proceso de regularización do traballo doméstico que principiou o goberno español en 2012 serviu para que medrara o número de persoas cotizantes da Seguridade Social. Se antes só un 42% destas traballadoras tiñan cobertura, o ano pasado tíñana o 70%. Se no 2011 había un cuarto de millón de afiliados á Seguridade Social dun total de case 700 mil persoas ocupadas en labouras domésticas, o pasado ano a cifra era de 425 mil cotitzantes dun total de de 614 mil ocupados. Do que se deduce que hai un 30% de empregadas do lar que están arredados de cobertura o que fai do traballo doméstico “unha actividade desprotexida que padece especialmente a poboación migrante con maior grau de vulnerabilidade xa que defronta unha maior exposición a xornadas de traballos máis longas, salarios máis baixos en comparanza coas traballadoras locais, rexistrando tamén maior porporción de casos de acoso sexual e violencia de xénero”. Eís, ao cabo, o papel que desenvolve a muller na sociedade, integrando o que os economistas de fasquía neoliberal denominan ” sector informal” e que atinxe todo iso que só debullan dende o ángulo económico, nada menos que unha extensión do traballo da muller “para producir o que se precisa para o benestar de todos”(Latouche) sen por iso estar recoñecido e protexido.
Na experiencia internacional, os paises que contan con reximes especiais ( programas específicos de protección social para o traballo doméstico) son Alemania, Arxelia, Exipto, Ol Salvador, Estados Unidos, Guatemala, Honduras, Hong Kong (China), México, Paraguai e Túnez. Hai pouco, algúns paises eliminaron os reximes especiais para o traballo doméstico e trasladaron a cobertura ao rexime xeral, como é o caso de España, onde o Goberno eliminou en 2011 o Rexime Especial de Empregado do Lar (REEH) e creou un Sistema Especial dentro do Rexime Xeral da Seguridade Social para incluir ás traballadoras domésticas, outorgándolles moitas das prestacións do Rexime Xeral.
Porén, hai moitas traballadoras, nomeadamente mulleres, que cotizan por moitas menos horas das que fan
A regularización do colectivo hai catro anos consistiu en crear un sistema espeical dentro do rexime xeral da Seguridade Social como pasa na maior parte dos paises europeos.No caso do estado español, o sistema especial garántelles case todas as prestacións, porén con execepcións como o dereito ao desemprego. Unha empregada doméstica pode cobrar invalidez e xera dereito a prestación por xubilación, mas está desprotexida diante a desocupación. O estado español ainda ten de ratificar o convenio da OIT que estabelece que se teñen de alargar os dereitos das traballadoras até equiparalas co resto.
O OIT critica que España teña deixado a refroma a medias e que non recoñecera o dereito das traballadoras do lar a cobrar o paro
A normativa di que é de obrigado cumprimento darse de alta na Seguridade Social cando se traballan como minimo 60 horas cun mesmo cliente. Que se torna problema cando moitas veces estas traballadoras fan un traballor para moitos lares que, a priori, deberían coordinarse para que a traballadoras poidera regularizar o traballo e sair da economía submerxida. Ao que hai que engadir o feito de que carregue baixo a responsabilidade da empregada e non de quen o contracta facer todos os trámites coa Seguridade Social, atrancos todos que segundo a OIT, debullan que malia a regularización ainda persiste un grande número de desprotexidas. Con esta mudanza de normativa, España achegouse ao nivel de Francia en protección das empregadas domésticas. porén, ambos os dous teñen taxas de exclusión do 30% do traballo doméstico, acadandfo en Italia o 60%. Un chanzo por baixo lócanse outros paises desenvolvidos porén os paises con taxas máis grandes de traballadoras desprotexidas e de horas de traballo están na Asia e na América Latina, onde nin existe esa figura de protección. Nomeadamente na Asia,onde están os 67 millóns de desempregaddas do lar que hai en todo o mundo e das que 60 millóns non teñen protección ningunha acadando cotas de precariedade do 90% destas empregadas en termos mundiais.










