O Concello de Cedeira frea in extremis unha pá de Costas que xa comezara a deitar area da zona alta da duna na base do noiro
A pá levaba 7 metros andados e a empresa adxudicataria do recheo non presentou ningún informe ou documento que xustificara a intervención. A Demarcación de Costas teima así en aplicar medidas duras de intervención como é ir sacando area do alto da duna para reforzar o valado que instalou na base do noiro cando gobernaba Luis Rubido do Partido Popular e que os temporais do inverno deixaron á vista. A falta de protección da praia e zona dunar da Madalena está a permitir a arbitrariedade de quen debería velar por todo o contrario. Unha cousa é alicerzar os paus e outra moi distinta é tirar area da duna alta como se se tratar dunha simple manobra de desentullo, xa que a maré volverá a levala até ficar menos duna, acelerando deste modo o seu proceso de erosión e degradación.
Se a vontade do Concello de Cedeira é mudar o modus operandi tentando atopar solucións a longo prazo, a acción máis inmediata é non teimar en intervencións contraproducentes pola súa dureza. Portanto, o que se precisa é máxima coherencia na acción de goberno dunha corporación tripartita que até o de agora non fixo máis que amosar medidas erráticas, para poñer as bases dunha proposta de folla de ruta integral e integradora. Ir pasando da descrición de necesidades a medidas paliativas brandas – quer dicer, non contraproducentes e mínimante invasivas- abrindo a participación e ao estudo científico de impacto.
A actitude Costas semella non ter mudado, mandando a mesma pá para deitar cazos de area -cazos de cartos que vai levar o mar- sen que nada mude. O grave é que Costas sabe de sobra os procedementos e non os aplica. A complexidade do tema e o seu alcance global, apunta a patrons rítmos e as orixes das dinámicas que estan lonxe de seren comrpendidas- comezando pola polémica conclusion da primeira, contrapoñendo a enxeñaria branda ou débil fronte as defensas duras que están a ser cuestionadas en outros proxectos de recuperación dunar.
Convivir coa duna
A mesa de seguimento das actuacións para atallar a degradación da praia e da zona dunar debería contar con aval científico e contar coa participación cidadá. Un obxectivo que debería comezar por descobrir a praia da Madalena e o seu pequeno ecosistema dunar, inserido e interrelacionado coa súa contorna máis ampla, a ria toda e a Reserva de Interese Pequeiro Ria de Cedeira. O reto das diferentes administracións debería ser ambicioso e apostar por buscar fórmulas de xestión que permitan paliar o proceso de degradación para recuperar e millorar a paisaxe dunar da praia da Madalena.
Para quen non reparara, a zona de dunar de Cedeira extendíase pola zona escolar Nicolás del Rio, Praza Roxa chegando até o que era Villamexico (Praza de Galicia) e trazando unha liña que ia seguindo a Avenida Castelao até as Regas que con preamar de inverno desde San Isidro até a Madalena asulagaban de mar. Quer dicer Cedeira medrou e cementouse sobre o areal. Ese foi o reservorio de áridos durante o nordés do verán. O ciclo cortouse e non se pode solucionar deitando area do alto da duna até que esta desapareza.
Para quen ainda non reparara, a duna é unha onda de area que se forma pola acción do vento e que sirven de hábitat de diversas especies animais e vexetais autóctonos. Un ecosistema moi fraxil formado de xeito natural que co paso do tempo foi desparecendo a causa de acción humana e a presenza de especies invasoras. Ademais de ser unha barreira natural de protección das zonas predunares, quer dicer, protexen o noso litoral ao tempo que exercen de barreira natural contra os efectos dos temporais. Un prezado refuxio para moitas especies.

A pequena zona dunar urbana está a sofrer dun xeito que poderá ser irremediabel se as diversas administracións, axentes sociais e cidadanía toda non aprenden a xestionar o que dela queda, comezando por integrar unha mesa de traballo e seguimento dunha ruta de acción paliativa e repaparadora a medio e longo prazo, fuxindo das accións curtopracistas que se teñen manifestado como costosas, pouco eficientes e mesmo contraproducentes. O reto é aprendermos a xestionar a praia, a zona dunar e a ria nun ámbito urbano, sabendo compatibilizar o usor masivo da praia coa presenza de ecosistema dunar.

Hai algo que me parece elemental: non desfacer a duna. En Corrubedo multan se andas por ela fóra dos corredores habilitados.
E, de cara a procurar unha solución, tamén resulta obvio que hai que coñecer onde se deposita a area que leva o mar (teño lido algo de introducir dispositivos que se siguen por satélite, aínda que agora non lembro onde era9.
Aínda que polo de agora as intencións de crear unha mesa de traballo cara un estudo multidisciplinar e complexo que aporte un documento sobre o que traballar para ver de recuperar a praia por parte do Concello foron erráticas e un tanto torpes, semella que a intención existe. O preocupante é si realmente hai pobo, cidadanía ou como lle queiran chamar con responsabilidade, o preocupante até o de agora é si hai responsabilidade e tamén no sector que vive do mar. A confraría debería estar preocupada con esta historia tanto ou màis que o Concello e non andar as agachadas en asuntos que están a determinar o noso futuro como pobo. Està a amosar máis menos a mesma responsabilidade que coa súa NON asistencia à recente manifestación na defensa do Sector que houbo en Compotela,
En principio tanto na defensa dos seus dereitos como nas súas responsabilidades parace que son outros os que estàn a dar a cara. Mal, moi mal exemplo, vergoñento diría eu.