off
Agro, Meio ambiente — 11 Marzo, 2016 at 7:36 a.m.

IX Congreso do Sindicato Labrego Galego en Lugo

by
Fonte: SLG
Fonte: SLG

Mañá sábado o SLG celebrará en Lugo o seu IX Congreso sob o lema “Terra, prezos dignos e soberanía alimentaria”. Na axenda, retómanse algunhas das eixos do relatorio do VII Congreso xa que as diagnoses alí presentadas non fixeran mais do que agudizarse coa Política Agraria Europea, nun roteiro cara a privatización da soberanía que se  manifesta nos  tratados de libre comercio e o acaparamento de terras e a demanda de soberanía alimentaria e a defensa dos sectores produtivos galegos “mentres se agacha a tremenda precarización de servizos básicos para a poboación e se elimina o acceso universal a recursos e dereitos sociais conquistados historicamente”.

O problema do acaparamento dos recursos naturais e nomeadamente da auga e das terras por parte das grandes corporacións, esta última abrangue, por exemplo, millóns de hectáreas e viola os dereitos humanos, ao comprometer o dereito á alimentación das comunidades locais; a alta volatilidade dos prezos, resultado do proceso de liberalización dos mercados agrarios; a crise enerxética e o cambio climático constitúen algúns dos temas fundamentais neste momento a nivel internacional; unha ordenación do territorio que non considera as aldeas nin as vilas  concentrando o investimento nas cidades e grandes vilas (AVE). A cita servirá tamén para crear un Sector de Agroecoloxía e unha Secretaría de Mocidade.

One Comment

  1. Poderíase dicir que a agroecoloxia e unha arma fundamental non so polo que produce, se non polos valores que inculca, así como pola defensa do medio ambiente e modos de vida tradicionais no agro.
    Adiante con ese congreso.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off