off
Ecoloxía, Galiza, Meio ambiente — 19 Febreiro, 2016 at 10:04 a.m.

Agás o PP, todos os grupos parlamentares apoian a campaña Stop Eucalipto, Avante Carballo!

by

Os representantes de BNG, AGE, PSdG-PSOE e Grupo Mixto amosaron a súa concordancia cos puntos recollidos no manifesto da campaña e comprometéronse a promover iniciativas que permitan por freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galiza. Só o PP non respostou á petición dos colectivos conservacionistas para a presentación das súas propostas.


 

Ollaparo_plantacionseucaliptoFins Eirexas (ADEGA) e Roberto Hermida (AGCT) representando aos colectivos conservacionistas integrados na campaña “STOP EUCALIPTO… AVANTE CARBALLO!”, reuníronse o mércores cos grupos parlamentares do Parlamento galego, agás o PP, para presentarlles os cinco puntos que recolle o manifesto da campaña e cos que se pretende por freo á expansión incontrolada do eucalipto en Galicia. Estes cinco puntos inclúen peticións como que se cumpran as limitacións que impoñen as diferentes normativas existentes á plantación de eucaliptos, a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens –mediante a creación dun Catálogo Galego de Especies Alóctonas Invasoras no que se inclúa esta especie- ou o fomento do cultivo de especies autóctonas e do aproveitamento multifuncional do monte.

Todas as forzas políticas consultadas amosaron a súa preocupación pola incontrolada expansión do eucalipto e a súa concordancia coas propostas recollidas no manifesto.

Do mesmo xeito, amosaron o seu compromiso por plantexar iniciativas parlamentarias que permitan atallar esta problemática e a súa disposición a traballar conxuntamente con outras forzas políticas neste eido.

 

 

One Comment

  1. Non creo que o eucalipto se acabe integrando no imaxinario da paisaxe galega.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off