off
Cedeira, Meio ambiente — 17 Febreiro, 2016 at 5:07 p.m.

E se o principal problema de saneamento da ría de Cedeira continua a estar na estación de bombeamento?

by

Ollaparo_bostas_DepuradoraCedeiraHai catro dias o Concello de Cedeira informaba, através do que xa semella  ser o seu medio oficial de información, de  medidas para sanear a ría. Está ben conectar edificios á rede de fecais, é necesario. E máis cando se comproba que hai edificios que non se conectaran. Unha urxencia que volve ser evidente após recentes análises que testemuñan a presenza de “contaminación microbiolóxica na rede de pluvias procedente de duas acometidas de augas residuais que escorren ao rio”. Sabido é que cantas máis conexións, máis volume ten que procesar a estación de bombeamento da Xunqueira, xa de seu colapsada por choivas (erros no deseño da rede de fecais) ou aumento de poboación estacional (no verán).

Con certeza, os regatos da Revolta e de San Isidro poden facer achegas esporádicas de fecais á ría. Porén, o problema principal é a estación de bombeamento. As bolas de graxas e restos fecais que periódicamente se espallan pola praia veñen exclusivamente da estación de bombaxe. Non é suficiente que “pareza que” se fai, haino que facer  na súa integridade. Se o sistema público de saneamento de augas residuais é o conxunto de bens de dominio público interrelacionados nun todo orgánico, composto pola rede local de sumidoiros, colectores, estación de bombaxe, emisario submariño, estación depuradora e augas residuais e outros dispositivos asociados, co obxectivo de recoller, conducir até a estación  e sanear, de xeito integrado, as augas residuais xeradas no concello, non se entende que estando demostrada a insuficiencia da estación de bombaxe non se atalle de raiz (planificando cando e con que recursos facelo) este foco de contaminación. Ao cabo, o funcionamento da súa área de influencia depende da drenaxe correcta cara a estación de bombeamento, dispositivo que en situación de emerxencia deberá derivar por gravidade todo ou parte do seu caudal a un medio receptor. Quer por mal dimensionamento da capacidade do depósito, quer por non terense en conta na altura aspectos como non elevar o máximo caudal previsibel tendo en conta os puntos de caudal e de crecemento a curto prazo (e a falta de previsión de espazo para engadir bombaxe adicional de cara a máis caudais),ou non elevar o mínimo caudal previsibel sen que se produzan retencións de auga residual que provoquen deposicións de sólidos e cheiros, ao cabo, a posibilidade ou non de axustar caudais intermedios variables.

Por que o Fondo de Compensación Ambiental non ten utilidade para defrontar unha competencia local como é o problema da estación de bombeamento?


Ao mellor tamén che interesa:

A estación de bombaxe segue cagando bostas de graxa e restos fecais

Unha nova análise realizada en agosto revela a presenza de augas de orixe fecal no rio Condomiñas

O goberno “popular” de Cedeira segue desbaratando recursos coa conivencia da deputación da Coruña

Un manifesto en defensa da calidade da auga, do rio Condomiñas, da praia da Madalena e da ria de Cedeira

Bolasfeden, o futbol e as crónicas de terraza

 

 

One Comment

  1. Según google earth o rego da Revolta é realmente o Rego da Veiga. O de San Isidro é o Regato Cordobelas. Creo que é asi.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off