Iannis Varufakis, exministro grego de Finanzas, presentou onte en Berlín -non por acaso escolleu a capital alemá- o panaeuropeo Movimento pola Democracia 2025 (DiEM25, en inglés), co que arela acadar o liderado da “democratización” da Unión Europea, cuxos corredores transitou cando se esnafrou coas receitas de austeridade que prescribe a troica, propiciando asín a súa saída do goberno grego logo dos seus enfrontamentos co ministro de finanzas alemá, Wolfgang Schäuble.
Lonxe dos antigos camaradas de Syriza, Varufakis vén de apelar ás esquerdas do continente para rachar as cadernas nacionais e encetar un “proceso constituinte”. Segundo avisou Varufakis, se de aquí ao 2015 non se crean novos alicerces non hai futuro para Europa dos dereitos humanos, soberania e democracia.
O profesor de economía teimou na idea de crear una “forum para a troca de ideas” porén non achegou información sobre se o DiEM25 pode consolidarse como partido político presentándose ás europeas do 2019 ( o vieiro polo que optou o 15-M)
“Ou democratización ou desintegración”
En rolda de impremsa multitudinària alertou da “desintegración” institucional, que os políticos teñan cedido o seu poder “despolitizando as decisións para ficaren en mans dos burócratas” e que os gobernos se someteran aos conglomerados financieiros que ameazan rematar co soño dunha Europa que foi “faro” dos dereitos e da democracia.
Após sete anos de crise econòmica, o continente inzou de “desigualdades sen precedentes, desespero e misantropía”, afírmase no documento. Porén, advirteVarufakis, aínda hai partido. A solución pasa pola democratización de Europa até acadar unha nova Constitución .
Iniciativa paneuropea
A novidade e relevo da iniciativa de Varufakis debruza en ser “paneuropea”. Un vieiro que teñen transitado as organizacións ecoloxistas e o errado Partido Pirata. A dificultade que teñen experimentado estas tentativas ten sido como artellar a nivel supranacional nunha realidade plurilingüística, cultura, social e ecómicamente diversa. Os límites de DiEM25 pode ser a fronteira real, mas invisibilizada, que afasta o norde do sul da Europa. Que acabe sendo unha iniciativa do Mediterraneo.
Un DiEM25 sen base social
Varufakis, mália a súa contrariada saída do goberno de Syriza, non lidera “movimento social” nengún. Quer dicer, está feito de acima para abaixo (top-dowm). O asemblearismo do 15-M tentou o camiño inverso abaixo-acima (bottom-up) porén acabou desabando nun modelo desmobilizador (activismo facebook), curtopracista e de hiperliderado (recuperar apenas o perdido no 2007 ,eís o horizonte arelado por Pablo Iglesias) que acabou por non romper ningún prato. Un exemplo máis acaído e próximo serían primeiro, avantt la letre, o ensaiado por Nunca Mais, e despois polo movimento antidesafiuzamentos que acabou por dotarse dunha estructura política e entrar nas institucións











https://www.youtube.com/watch?v=PPq_Vabvd20
O que fai Varufakis é un “núcleo irradiador” de libro.