off
Cedeira, Mar e Pesca — 8 Febreiro, 2016 at 7:56 a.m.

Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 9 metros

by

ondaxe_segundafeira8_02_2016Segundo o MeteoGalicia, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas en descenso lixeiro. Vento forte do Sudoeste do luns pola tarde ó martes pola mañá.  No referido ó estado da calidade do aire, será variable pero agárdase que mude a admisibel.

Estado do mar

Intensa borrasca de 960 mb centrada sobre as Illas Británicas e estendéndose sobre o Atlántico Norte. Anticiclón de 1030 mb ao sur e preto das Azores.
Esta segunda-feira, ventos de compoñente oeste acadando forza 8 e ocasionalmente 9 no litoral norte. Ondas de mar de fondo de máis de 9-10 metros ao longo da xornada.

Vaga á mañá e á noite e media vaga á tarde.Visibilidade boa á mañá e mala á tarde e á noite.Mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá e á tarde e 8 a 9 metros á noite.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off