Acada o 4º posto na clasificación europea de músicas do mundo, os World Music Charts Europe

Xavier Díaz “Tambourine Man” entra no “top ten” dos World Music Charts Europe con “Tambourine Man”. Un traballo que vai pola terceira edición e que vén ser unha homenaxe á pandeireta. No proxecto, que levas vendidas 3000 copias, Díaz arrodeouse das 11 percusionistas de Adufeiras de Salitre e de músicos de destaque como Kepa Junquera, Xosé Manuel Budiño, Gutier ou Javier Álvarez.










