off
Eleccions 20-D 2015, Política, Politica espanhola — 23 Xaneiro, 2016 at 9:08 a.m.

Iglesias postúlase vicepresidente e escacha o guión de Pedro Sánchez

by

congre_plNon foran as bases de Podemos, mas o rei Felipe VI quen “por lealdade institucional” a primeira persoa en coñecer a súa oferta dun “goberno do cambio”  presidido por Sánchez , con el de vicepresidente e Garzón integrado no Goberno. No entanto, Raxoi refugou neste intre someterse á investidura, gañando tempo e polarizando o debate.

Iglesias encena diante da opinión pública a posibilidade de investir  a Pedro Sánchez (alén dos tacticismos no que está instalada dende o 20D a política española)  provocando unha virada e inflexión á investidura do próximo presidente español. É o que Mariano Raxoi quere, que a socialdemocracia tente facer unha maioría  e Iglesias cumpriu desafiando a  Sánchez. Adulador, o líder de Podemos procura encerrar ao PSOE. Malia os acenos negociadores, todos pensan en posicionarse fronte ao rival nunhas hipotéticas eleccións.  O de Podemos non quere dar excusas ao do PSOE por iso o aggionarmento de prioridades, entre as que non aparece o referendun catalá.

Pablo Iglesias aparca o referendum catalá para non facilitarlle excusas ao PSOE. Se Sánchez facilitara a investidura a Raxoi seria un cadáver político, mas de aceitar facer goberno con Iglesias,  racha o PSOE. O ventrílocuo Felipe González  fala  dende a sombra e Susana Díaz pon a cara. Quer dicer, con Podemos nada nadiña. Os baróns socialistas arrepian dos movementos sociais, porén arestora Sánchez ten coartada para non pactar con Iglesias, que é a idea plurinacional que Podemos ten do estado español. Condenou o 9-N, como Raxoi.

Ao pouco de remataren as eleccións Iglesias fixera do referendun catalá unha liña vermella.Onte afirmou que “hai que discutir cos outros” , agora entende e afirma que “non pode haber liñas vermellas”

O guión de Pedro Sánchez escachou en dous sentidos. Primeiro cando Iglesias aparcou o referendum ( verase o prezo para En Comú Podem en Cataluña) ofrecéndolle os seus votos a un goberno de coalición. E despois cando Raxoi apartou da carreira traspasando toda a responsabilidade do que aconteza ao Sánchez, que aparentemente ten máis apoios cá el.

Podemos e En Comú Podem, gañadores das derradeiras eleccións en Cataluña, saben que o PSOE non  o aceptaría  e que a opción a explorar sería unha reforma onstitucional ambiciosa que o PP noqueado non aceptaría. Por iso ofreceu unha consulta sobre a necesidade de reformala. Iglesias presentoulle ao PSOE unha oferta sobre eidos largos como garantir a integridade dos servizos públicos, loitar contra a corrupcion e a independencia dos medios públicos e o deseño dun goberno con IU no que Iglesias seria vicepresidente e Podemos administraría Sanidade, Defensa, Educación e Interior. Mesmo crearía un ministerio de fomento da plurinacionalidade para amornar o debate territorial e que dirixiría o catalá  Xavier Domènech, de En Comú Podem.

Ao pouco de remataren as eleccións Iglesias fixera do referendun catalá unha liña vermella. Que PSOE e moitos media fixeron  a única para debullar a consistencia interna e apouquentar os sectores de Podemos menos comprometidos coa demanda do dereito de autodeterminación.   Onte afirmou que “hai que discutir cos outros” mas agora entende e afirma que “non pode haber liñas vermellas”. O dereito a decidir foi apartado do relato das negociacións.

O caso é que arestora Sánchez ficou só con Raxoi e Iglesias acubillados na bancada entanto o do PSOE ten que brigar coa gobernabilidade. O portavoz socialista tens dous horizontes, ou tenta facer un goberno de “esquerdas” ( precisando a abstención de  ERC e DL, que teñen posicionamentos ben diferentes sobre o tema) ou vai sentar ao tallo  para que Susana Díaz engola o bocado da gran coalición ou de novas eleccións. Presidente ou nada.

 

 

One Comment

  1. En Catalunya gañou as eleccións En Comu Podem non Podemos.
    Non vai ter custe ningún para En Comu priorizar outras cousas antes que o referendum.
    A cuestión é que entrar no consello de ministros significa entrar dentro do bunker. É entrar nas tripas do Estado. E iso non llo van a poñer fácil a Podemos, En Marea…
    Vou xogada de Pablo Iglesias.
    Ainda que o bunker segue tendo a porta pechada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off