Non pasaran moitas horas das eleccións para que PP, PSOE e C’s debullaran que non ian atender a petición de Podemos de ter un grupo parlamentar liderado por Pablo Iglesias e máis tres para as coalicións nas que se integrou (En Comú Podem en Catalunya, Compromís no País Valencià e as Mareas en Galiza). Ningunha delas quería catro voces da esquerda alternativa na cámara baixa e o regulamento ampáraos á hora de negar esta posibilidade.
Nun derradeiro esforzo por defender a súa singularidade- nas alianzas nas que ten participado Podemos hai outras formacións (Barcelona en Comú, ICV, EUiA, Compromís e ANOVA), na noite de onte colocáronlle ao PSOE a posibilidade dun grupo das confluencias, que tería un total de 27 deputados. Unha saída que non compracería totalmente a Iglesias pola potencia do grupo dos “periféricos”, ainda que seica aceptaría esta solución. O prazo para inscreber grupos remata hoxe e as outras alternativas son sairense da casca e rematar coas confluencias partilladas entre o grupo de Podemos e o mixto ( maiormente os deputados galegos e valenciáns queren preservar a súa personaldiade, entanto que os cataláns ainda non se pronunciaran) ou repartirse a cota de Podemos a costa de que a súa voz fique esvaida.
Porén, quen recebiran a garantía do PP e do PSOE de ter grupo parlamentar son Democràcia i Llibertat e ERC. Os republicanos non precisarán nin unha interpretación xenerosa do regulamento porque xa inscribiron o seu grupo cos dous deputados de IU-UP e os dous de Bildu, que suman aos nove do grupo de liderará Tardà e Gabriel Rufián como adxunto. Unha alianza temporal co obxectivo que IU e a esquerda abertzale poidan cobrar a subvención do mailing eleitoral, que o Congreso español só outorga aos grupos parlamentares. Na lexislatura pasada cando IU tivo grupo e ERC non a formación de Cayo Lara permitiu aos republicanos facer o mesmo movemento.











Non foi unha petición de Podemos.
Foi unha petición de En Marea en Galicia, por exemplo.
O boicot non é a En Marea é un boicot á democracia.
Non sei de onde sacades que o regulamento o ampara.http://politica.elpais.com/politica/2016/01/17/actualidad/1453062130_476975.html