off
Galiza, Movementos sociais, Política — 16 Xaneiro, 2016 at 1:41 p.m.

Xavier Vence insinua que non optará á reelección como portavoz nacional do BNG

by
Xavier Vence (BNG)
Xavier Vence (BNG)

O Consello Nacional do BNG dá continuidade a un debate que leva desenvolvendo a todos os níveis entre a militancia, os simpatizantes e as asembleas abertas como traballo previo ao que se desenvolverá na XV Asemblea Nacional do 28 de febreiro. Xavier Vence  non aspirará á reelección como portavoz nacional do BNG. O BNG principia así un proceso colectivo de reflexión de cara a Asemblea Nacional do 28 de febreiro que o  Consello Nacional da formación frontista reunido este sábado vén de confirmar  á imprensa nun receso, xa que o Consello demorouse alén das tres da tarde.

O vindeiro 28 de febreiro “a militancia debaterá absolutamente de todo, sobre estratexia, organización, reformulacións necesarias como nova equipa de dirección. O crucial é definir unha estratexia política que nos permita chegar á sociedade como unha alternativa útil, tamén de cara ás eleccións, para transformar o país, derrotar o PP, dar solucións aos problemas e reforzar o autogoberno”, expuxo Vence, quen recoñeceu que o “panorama electoral complexo” será “elemento de debate na asemblea”, afirmou.

Relatorio político a votar na XV Asemblea Nacional

A comisión redactora do relatorio político a votar na Asemblea Nacional reunirase o 18 de xaneiro. Segundo o acordado, poderán formar parte da comisión redactora do relatorio político -a folla de rota que o BNG se marca entre asembleas nacionais- todas aquelas persoas do Consello Nacional que o desexen.

O BNG está a alentar a máxima participación na Asemblea Nacional do 28F xa que amais dos afiliados poderán achegar as súas propostas aos non afiliados, iniciativas e suxestións a respecto de como se debe conformar no futuro a organización saidas das asembleas espalladas polo territorio e na emigración.

 

One Comment

  1. Finiquitado Xavier Vence.
    «Eu aposto por unha estratexia que abra o diálogo coas diferentes forzas para sumar e conseguir unha alternativa que poda realmente darlle a volta ao panorama político en Galicia».«un proxecto nacionalista que sexa visto como útil pola cidadanía para derrotar ao PP. O BNG ten que estar aí»

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off