Na Alameda de Compostela ás 12 horas do domingo 24 de xaneiro sob o lema “Nom a ilegacizaçom das organizaçons políticas polos direitos civís e políticos para todas”convocan manifestación contra a ilegalizaciónde facto de Causa Galiza. Entidades sociais e políticas galegas confluen na convocatoria, apresentada neste sábado en Compostela.
A aprovación da Lei Mordaza está a ter consecuencias en forma de ilegalización de ideias e de proxetos políticos de esquerda e soberanistas. Os convocantes e asociacións aderidas mostran a súa solidariedade cas nove persoas detidas e con Causa Galiza como organización vítima do operativo de persecución política por parte do Estado español, nun debalo represivo que precisa de ser contestado nas ruas, segundo as forzas convocantes.
A manifestación ten o apoio das entidades a seguir: CIG, Fundaçom Artábria, Verdegaia, Xebra Associaçom, Xeira, Afiadoras de Futebol Gaélico, Agir, Agora Galiza, A Riada do Tea, Associaçom Antifascista Jimmy Sempre con Nós, Associaçom Cultural Amigos da Cultura de Ponte Vedra, Associaçom Cultural Festival de Brétemas, Associaçomde Luita Livre Olímpica Alacrám Vermelho, Adega, Briga, Ceivar, Centro Social A Galheira, Centro Social A Gentalha do Pichel, Centro Social auto gestionário O Fresco, Centro Social Faísca, Centro Social Madia Leva, Centro Social Revolta, Colectivo Nacionalista de Marim, Comité de Solidariedade com os Presos e Presas Políticas, Grupo de Acción Social de Vigo, Movemento polos Dereitos Civís, Mulheres Nacionalistas Galegas, Partido Comunista do Povo Galego, Que volten para a casa!, Rede colectivos a Ría nom se Vende, Riazor Blues, Sociedade Deportiva e Cultural do Condado.










