
O PP gaña mais non ten asegurado gobernar. Pola contra, Nós-Candidatura Galega, fica no 5%, lonxe de representación e conservando ao redor da metade dos votos recibidos polo BNG en 2011. Porén, mentres o PP é residual en Catalunya impondose o dereito a decidir, porén, en Galiza, o PP ainda perdendo 5 ou 6 escanos e máis de 15 puntos porcentuais, segue a ser a forza política máis votada.
En Marea supera ao PSdeG-PSOE, nomeadamente na beira atlántica, nas cidades e nas grandes vilas. Os socialistas perden perto dos seis puntos en comparanza cos resultados de 2011, ainda que de momento mantería os seis escanos.










