off
Ensaio, Galiza, Obituário, Pensamento — 28 Novembro, 2015 at 6:11 p.m.

Morre o teólogo Xosé Chao Rego

by

Nunha semana triste para a cultura galega. Xosé Chao ((Vilalba, 1932) morreu hoxe cando ainda laiamos os pasamentos de Xosé Neira Vilas e de Carlos Oroza


chaorego_ollaparoO autor de Para comprendermos Galicia, licenciouse en Filosofía en Salamanca.Foi cura de Santa Mariña do Vilar de Ferrol -etapa na que fixo amizade con moitos veciños e veciñas  de Cedeira- dando mostras do seu compromiso co país e coa sociedade. Retirouse en 1975  á vila natal de  Vilalba para adicarse ao estudo, sendo profesor durante tres anos no seminario de Mondoñedo e de  instituto en Vilalba e en Compostela.

Promotor da revista Irimia e de Encrucillada, Chao Rego recibiu o Premio de Ensaio da Crítica en 1983, sendo finalista do Premio Nacional de Literatura polo seu ensaio Eu renazo galego .En 2002 adicóuselle o Día das Letras Chairegas. Ao pouco de publicar “Itinerario da conciencia galega, Santiago de Compostela, Laiovento, 2001) achegárase a Cedeira a dar unha conferencia na Biblioteca Xosé Pascual López Cortón de Cedeira. Lembrabámolo con emoción subindo paseniño pola rúa real até a rectoral para entre libros avanzarnos algunhas das ideas que acabou por publicar despois no libro A muller, ¡que cale! Raíces do antifeminismo(2004). As raices do antifeminismo  non alicerzaban, dicíanos, nas orixes do cristianismo mas na interpretación xeraquizada que lle deu o Imperio Romano  e a xerarquía eclesial aceptara. Eis a fasquía comprometida do intelectual e do home, de quen no medio dunha igrexa católica refractaria á lingua nacional desenvolveu e construiu unha prosa liberadora en galego. Quen na altura puideron gorentar da súa lúcida retranca, renaceran galegos.

[vimeo]https://vimeo.com/48282133#at=3[/vimeo]

Obras súas son, entre outras:Prisciliano, profeta contra o poder; Para comprendermos Galicia; Eu renazo galego; Camiño verde: ecoloxismo e creación; A condición homosexual; ¿Por que nos sentimos culpables?; Na fronteira do misterio: credo para xente non crédula; O demo meridiano, lembranzas dun transgresor; Biblia Popular Galega, Prisciliano; O sexo, a muller e o crego ou Itinerario da conciencia galega. Era socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 

 


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off