O xornal ARA vén de informar que o goberno español controlorá todos os gastos do Goberno catalá, “como castigo ao proceso independentista”
Rajoy vén de impor unhas condicións draconianas a Cataluña por emprestalle cartos do fondo de liquidez autonómico (FLA), que na práctica supón unha intervenció das finanzas da Generalitat. O Conselleiro de Economía Mas Cullell afirmou que de facto Catalunya xa estaba intervida antes da declaración de intervención.
Veno de anunciar este serán a vicepresidenta española Soraya Sáenz de Santamaría, ao afirmar que a “singularidade de Catalunya” e “o incumprimento das súas obrigas”, a máis das “manifestacions dos gobernantes”, levaron ao executivo español a elevar o nivel de intervención das finanzas catalanas.
Segundo o ARA, o ” executivo partillou 7.889 milóns do sobrante do fondo, dos que Catalunya pedira 2.600 millóns de euros, suxeitos á valoración definitiva dos técnicos de Facenda. Após esta valoración, finalmente, Catalunya recibirá do FLA 3.034 millóns de euros, mas estarán submetidos a novos controis, dos que están exentos outras autonomías”.
Segundo Montoro, Ministro de Facenda, Catalunya é un “risco para o interese xeral“
O interventor xeral terá que certificar cada mes que Catalunya non gasta nin un euro para finalidades “ilegais”, e os funcionarios poderán denunciar a Generalitat se consideren que hai algunha violación da orde xurídica. O xa chamado botón do pánico é un dispositivo para que os funcionarios que queiran denunciar directamente o fagan ao goberno central sen pasar pola Generalitat.
Na práctica significa que non só estarán controlados os gastos do FLA, como até o de agora, mas todas as que faga a Generalitat, mesmo aquelas que se realicen con ingresos procedentes de impostos cedidos ou venda de patrimonio.
