off
Movementos sociais, Opinião, Politica internacional — 19 Novembro, 2015 at 10:45 a.m.

Vítimas e vitimarios

by

E se do que se trata é de socializar o sofrimento, tampouco nos representan.

epaselect epa05029075 A dripped wax from candles is pictured in front of the French Embassy in Seoul, South Korea, 17 November 2015. More than 130 people were killed and some 350 injured in the terror attacks on 13 November, which targeted a concert venue, a sports stadium, and several restaurants and bars in Paris. Authorities believe that three coordinated teams of terrorists armed with rifles and explosive vests carried out the attacks, which the Islamic State (IS) extremist group has claimed responsibility for. EPA/JEON HEON-KYUN
Foto: EPA (CC BY-SA 3.0)

O primeiro son as vítimas e as súas deudos. Sen paliativos nin excepcións. Todos, asasinados, oprimidos, explotados, demandan a nosa solidariedade e a máis enérxica repulsa. O terrorismo é inmundo. É a materia coa que se amasa a barbarie. Por iso, os atentados do denominado Estado Islámico (ISIS), golpeando por segunda vez aos cidadáns de Paris, oriúndos, residentes, emigrantes ou simples transeuntes, non debe merecer máis que a plena condena das xentes de boa vontade con dous dedos de fronte.
Non hai ningún atributo, nin político, nin social, nin ideolóxico, nin relixioso que permita “contextualizar” cun “si, porén” feitos tan aberrantes como os que vén perpetrando ISIS para predicar a súa sanguinaria e inquisitorial yihad. Bombas en salas de concertos abarrotadas, ametrallamentos indiscriminados en bares e restaurantes, asaltos a publicacións satíricas disparando contra todo o que se move, non teñen máis lóxica que a do terror. E o feito de que os responsables se inmolen non lle quita nadiña de nada de gravidade ao fanatismo que exportan. Tampouco que moitos sexan novos-adolescentes desarraigados, marxinados en guetos pola feroz ostentación da sociedade de consumo. Carne de canón que se percibe así mesma como especialmente humillada pola moi desigual lotaría social. Parte desa maioría infortunada que sobrevive nas zonas máis deprimidas das periferias das cidades europeas, e que adoita estar condenada a coñecer antes o cárcere que a escola.

Non ten emenda. E equivócase quen busque comparacións co terrorismo de baixa intensidade doutros tempos, levando ao paroxismo loita de clases de clases ou a violencia pretendidamente revolucionaria. Entón, a maioría desas manifestacións agresivas, igualmente criminais, eran actos individuais froito da extrema impotencia e dirixidas contra reis, gobernantes ou outros altos representantes da autocracia imperante. Netchaiev non volveu. Os cruzados do ISIS non son nihilistas. Todo o contrario, o seu milinarismo é continxente: teñen fe cega. Administran unha vasta cruzada que pasa a destrución física dos infieis, a escravización da muller ou a decapitación pública do inimigo.

Con todo, responder os actos terroristas dunha banda de iluminados bombardeando desde o aire cidades abertas, como Raqqa ou Mosul, onde os seus habitantes son usados como escudos humanos non é un acto de lexítima defensa, senón unha vinganza que envilece a quen a practican e devólvenos ás antípodas dunha comunidade democrática. Onde está a superioridade moral que se supón a un Estado de dereito? Hai tempo que os poderosos do mundo sementaron unilateralmente o camiño da violencia institucional imitando ao Trasímaco que entendía a xustiza como “o interese do máis forte”. A URSS e EEUU en Afganistán; China no Tíbet; O Reino Unido e EEUU en Iraq; Rusia en Crimea e agora esa impune receita xenocida subiu a aposta coa aparición de brutais epígonos que matan pola graza de Deus.

Por iso a resposta eficaz non pode ser superarlles en brutalidade e cainitismo. O imperativo ético dos escuros tempos que corren debe consistir nunha resposta proporcionada que lles ille ante a súa propia contorna, no canto de cebar o sinistro rigodón de “xustizas infinitas” que terminan achegando máis combatentes ás súas filas á conta dos inocentes damnificados pola acción das armas de destrución masiva. Prudencia que case con toda a seguridade os gobernos afectados non farán. Aí está a estraña alianza entre Hollande e Putin, convencidos de que lanzar as súas maquinarias de guerra sobre os baluartes do Estado Islámico supón unha oportunidade para recompor o seu cuestionado prestixio ante as súas respectivas audiencias.

Felizmente, non todo o mundo pensa así. Fronte á postura de moitos dirixentes políticos e mandatarios múltiples, sectores cidadáns xurdidos como alternativa convivencial fronte ao austericidio empezaron a marcar diferenzas mostrando que o seu proxecto vai máis aló dunha simple opción de recambio económico. Neste sentido, a rápida intervención do grupo Anonymous, actuando contra os recursos informáticos que utiliza o Estado Islámico para planificar as súas matanzas, é un signo de que hai novos actores en acción, máis aló das institucións. Activistas da sociedade civil que non están dispostos a que as represalias do terrorismo de Estado engula dereitos e liberdades mentres estigmatiza aos inmigrantes e refuxiados pola cor das súas crenzas. Aquí hai que visar o feito extraordinario de que o murro da crise económico-financeira en España non auspiciase o abrollar da extrema dereita e a xenofobia, debido sobre todo ao sinal do espírito integrador, horizontalista, solidario e cooperativo do 15-M.

Cando durante a Primeira Guerra Mundial Bertrand Russell comprometeu o seu inmenso prestixio como intelectual e patriota de nobre ascendencia para tentar frear a contenda, sabía que acometía unha empresa titánica mas tamén que a cultura da morte entraña un degradante camiño de servidume. E iso que en 1914 as cartas estaban boca arriba e os intereses en conflito eran máis nídios. Hogano non é así. Detrás de cada guerra hai un negocio que se alimenta a través dunha poderosa industria armamentista, como revela a súbita revalorización en bolsa das xigantes multinacionais da defensa tras o impacto dos atentados en Francia.

Un complexo militar-industrial-financeiro que estende a súa influencia até sectores tan pouco sospeitosos como os medios de comunicación, claves para predispor á opinión pública en favor das accións punitivas dos Estados. Precisamente no país veciño as corporacións armamentistas Dassault e Lagardere controlan boa parte dos principais rotativos. Por non falar do xogo suxo de certas monarquías do Golfo de estrita observancia wahhabista, como Qartar e Arabia Saudita, que favoreceron a expansión do integrismo kamikaze vía mecenado, e agora sentan confortablemente nos consellos de administración de xornais e grandes empresas “infieis”. É o caso de Qatar que acaba de captar un significativo pacote de accións El País e El Corte Inglés, ademais de levar anos patrocinando ao club de futbol Barcelona, sen que até o presente a ninguén se lle ocorrera inserilo nesa peregrina lista de países que apoian o terrorismo.

E se do que se trata é de “socializar o sufrimento”, tampouco nos representan.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off