O ataque dos activista informáticos de Anonymos focalízase en duas etiquetas de Twitter: #OpISIS, e a novísima #OpParis, creada por un activista italiano a raíz dos atentados en París. Afirman que a Operación París contra Estado Islámico comezou derrubando máis de 5.000 contas de Twitter asociadas coa organización terrorista. Tras os ataques terroristas de París o venres, Anonymous publicou un vídeo en lingua francesa prometendo “a maior operación” contra IS, dicindo que “War is declared. Get prepared” (“A guerra está declarada. Prepare-se””. Un vídeo en lingua iinglesa lanzado o luns repetiu o aviso e anunciou o nome de Operación París, empregando hashtag #OpParis través de canles de comunicación social. O locutor enmascarado agarda “unha mobilización total da nosa parte” despois de expresar “tristeza e solidariedade coas vítimas, os feridos e as súas familias”. Listaxes de contas de Twitter presuntamente asociadas a IS foran publicadas na páxina web do pastebin (aplicación web que permite facer upload de treitos de texto), con todo non ficou claro en todos os casos se elas foran publicadas por un organizador de Anonymous.
