A OSG é unha realidade. E debe estar a xerar paixóns entre os melómanos dende que en 2008 estreara canle no Youtube. Abondaría iso para reivindicarmos a magnífica tarefa difusora realizada até o de agora. Porén, abordar a coral e complexa Sinfonía n.º 3 en re menor de Gustav Mahler con suceso é mesmo un acontecemento para os devotos do compositor nado en Bohemia. O pasado 10 de outubro o grande desempeño da orquestra conducida por Dima Slobodeniouk agasallounos unha lectura da 3a de Mahler á altura do desenvolvimento temático panteísta e filosófico e, canto máis, lírico da partitura. Especialmente, cando hai que partillar veciñanza no Youtube con orquestras de maior pedigree Mahler e non poucas grabacións de referencia. Porén, a OSG acada ponderación na beleza transparente dos metais, con textura pulidas e mesmo brillantes para unha música dionisíaca e mesmo aterradora. Se o problema de uniformidade sonora castiga as formacións orquestrais de medio mundo, a OSG deberá cuidarse no futuro das gorduras sonoras e afondar na procura dunha personalidade propia. E hai tanta beleza na obra da Mahler!
Xa sabíamos da magnífica abordaxe coa OSG da 1a de Mahler de Maazel (quen fora un dos grandes mahlerians do noso tempo, velaí a no.4 con Kathleen Battle e a Filharmónica de Viena) que a canle dixital permite achegar aos afeccionados alén Coruña, mas desta vez, a orquestra quebrou os seus rexistros mahleriáns ao interpretar, desde a fanfarria inicial, a diferencia musical e a entidade emocional da partitura coma un todo fluido que fuxe da banal expansividade, do vibrato histriónico e da fasquía lacrimóxina. Acompañada nesta xeira da voz telúrica de Ewa Podlés, unha contralto de estatura internacional e das boas prestacións do coro feminino e dos nenos e nenas cantores da propia formación, con Pablo Barreiro (CRTVG) na enxeñaria de son. Podlés cantou coa intensidade que precisa a parte de contralto da partitura para lle dar alento á introspección e ambivalencia do poema de Friedrich Nietzsche. Excelente apoio da OSG ao desempeño e esculpido meticuloso dos detalles de Slobodeniouk, aproveitando o alento, volume e axilidade de Podlés, a escuridade dun timbre excepcionalmente aquelado para chegar ao miolo da terceira de Mahler. Aquela transformación máxica do presente ao que alenta a música mahleriana. Un canto á vida que merece ser visitado.
Mahler: Sinfonia No. 3 en D Menor
Mahler fixo o trabalho principal de sua Terceira Sinfonia nos veráns de 1895 e 1896 . Duas cancións, “Ablösung im Sommer” e “Das Himmlische Leben” , fornecem matéria-prima para algúns temas da sinfonia, e van voltar contra de 1890 e febreiro de 1892, respectivamente. Mahler revisou o material a finais de Maio de 1899 e (com L. Geller-Wolter cantando os solos de alto) realizou a primeira apresentación completa no Festival do Allgemeiner Deutscher Musikverein en Krefeld en 9 de xuñoo de 1902. A pontuación pide o solo mezzo-soprano, coro de mulleres, ‘coro (cantada neses concertos por nenas), e unha orquestra de catro frautas (duplicación de catro piccolo), catro oboés (duplícase o corno inglés), tres clarinetes (unha duplicación do clarinete baixo) e dous clarinetes altos em Mi bemol, catro fagotes (duplo contrafagote), oito trompas, catro trompetas, corneta de posta, catro trombóns, tuba, duas harpas, cordas e percusión incluindo tímpanos, lira, tarola , triángulo, pandeiro, bumbo com címbalo anexado, címbalos suspensos, tam-tam, e un tempo de desempeño de perto de noventa e dous minutos. O longo primeiro movimiento, que representa un terzo da lonxitude da sinfonia, foi escrito despois dos outros.
Toda a obra vira ao redor da Terra e a Natureza, con textos de Nietzche e do propio Mahler. A través do diario de Natalie Bauer-Lechner sábese que a terceira sinfonía nace dun proxecto musical onde se tentaría narrar a épica da Natureza, describindo a vida inerte até chegar á creación da vida. Dicía Mahler en carta a outra das súas amigas: “A miña sinfonía será algo que o mundo xamais escoitou. Nela, a Natureza mesma toma voz e di secretos tan profundos que quizais se escoitaran apenas nos soños”. Do seu conmovedor movemento final, “que dí o amor”, afirmou unha vez Leonard Bernstein que era a música máis dolorosamente fermosa escrita por Mahler.
Primeira Parte:
1. Pan acorda. O verán fai a súa entrada (en procesión báquica)
Segunda parte:
2. Que din as flores do campo
3. Que din os animais da fraga
4. Que dí o home (noite)
5. Que dín as campás da maña (os anxos)
6. Que dí o amor










